Páginas vistas en total

jueves, 28 de junio de 2012

Historia de Galiza e a súa relación con Iberia

Antes de nada decir que cando digo Galiza anterior ó século X refírome á Gallaecia

Galiza na Prehistoria

Dado a acedume do solo galego, que descompón rápidamente todo tipo de restos orgánicos, é moi difícil encontrar restos óseos antigos, non obstante a arqueoloxía vai pouco a pouco esclarecendo a nosa historia antiga. Temos constancia por antigos útiles que apareceron da existencia de humáns dende o Achelense(Paleolítico Inferior), aínda que están aparecendo en covas do sur de galiza restos de períodos anteriores
Tamén temos os datos literarios que nos deixaron autores gregos e románs que nos falan dos oesttrymnios(Bronce final) coma un dos primeiros pobos que poblaron o que hoxe é Galiza. No poema de Avieno "Ora maritima" do século IV d.C.(basado en relatos máis antigos, quizáis ata do s. VI a.D.) fala de: "loca et arva Oestrymnicis habitantibus" dos que di que son fortes e valerosos, comerciantes e mariñeiros. Este pobo foi desplazado polos saefes(serpes), Avieno chámalle a Galiza Ophiusa: "Ophiusa es tan ancha como la isla de Pelope, en la tierra de los griegos; se llamó primero Oestrymnis, porque su suelo y campos los habitaron los Oestrymnios; después que muchas serpientes ahuyentaron a los habitantes, de ellas tomó su nombre la tierra vacía"


A cultura dos castros

O que hoxe é Galiza  estaba enmarcada dentro dunha zona denominada "koiné atlántica", a fachada atlántica europea(fináis do Bronce final) unificada por unha complexa rede de alianzas e intercambios con comunidades con sistemas socioeconómicos similares.

Perante o século VII a. C. en pleno apoxeo das relacións atlánticas, os fenicios cruzan Xibraltar e a partir dese momento váise implantar un control sobre os mecanismos de intercambios de productos relacionados co bronce dando paso a un novo producto: o ferro. Pásase da economía entre pobos atlánticos a unha relación máis illada, producindo un proceso de sedentarización pasando de nomadismo a asentarse nos castros.
Di López Cuevillas dos castros:  “recintos fortificados, de forma oval o circular, provistos de uno o varios muros concéntricos, precedidos generalmente de su correspondiente foso, y situados, en su mayoría, en la cima de colinas o montañas” 
O mundo castrexo galaico típico, muros circulares, etc., enmárcase ó norte do Douro e ó oeste  do oeste de Asturias ata o río Navia como mínimo.
A zona de influencia da cultura castrexa correspondería máis ou menos ata León, Salamanca, Zamora, Asturias(ata o río Sella) e Portugal ata Coimbra.


A lingua falada, según varios autores, e un tipo de lingua que si non é celta é similar.
Eugenio R. Luján Martínez(en The Language(s) of the Callaeci) di: 
"Although there is no direct extant record of the language spoken by any of the peoples of ancient Callaecia, some linguistic information can be recovered through the analysis of the names (personal names, names of deities, ethnonyms, and place-names) that occur in Latin inscriptions and in ancient Greek and Latin sources. These names prove the presence of speakers of a Celtic language in this area, but there are also names of other origins."
"Aunque no hay constancia directa existente de la lengua hablada por cualquiera de los pueblos de Callaecia antigua, alguna información lingüística se puede recuperar a través del análisis de los nombres (nombres propios, nombres de deidades, etnónimos y topónimos) que se producen en inscripciones en latín y en las antiguas fuentes griegas y latinas. Estos nombres de probar la presencia de hablantes de una lengua celta en esta área, pero también hay nombres de otros orígenes".

Hay varios autores que nos falan dos pobos da Galiza prerromana, entre eles Estrabón, Ptolomeo e Plinio. Plinio fálanos de 61 pobos(só se conservan 48 nomes) nos tres conventos xurídicos: asturicense, lucense e bracarense   





Galiza Romana

A conquista do noroeste de Iberia polos romanos tivo un longo espazo de tempo: dende o penúltimo cuarto do s. II a.C.(+,- 139 a.C.) ata mediados do s. I d. C.
A conquista pódese encadrar en varias etapas, as cales Tranoy divide en dous períodos diferentes: 
1) Como consecuencia das Guerras Lusitanas e as posteriores incursións a que estas deron lugar(139 a.C. ata finais do s. I d.C.)
2) O período conquistador no que Roma se adica a pacificar e conquistar estes territorios: Guerras Ástur-Cántabras dende o 29 a.C. ata 50-60 d.C.

Guerras Lusitanas e expedición de César á Galiza
A mediados do s. I a.C. a actitude hostil de celtíberos e lusitanos deu orixe ó interese de Roma polo resto dos territorios non conquistados de Iberia.
O primeiro contacto de Roma cos callaecos tivo lugar nas campañas bélicas de Q. Servilio Cepión contra Viriato en 139 a.C., nembargantes o conquistador dos callaecos é Décimo Xunio Bruto, polo que é alcumado o Galaico
O segundo contacto de Roma cos Callaecos acaece pola expedición de Publio Licinio Craso ás Illas Casitérides(96-94 a.C.).

César
O primeiro contacto de César cos callaecos prodúcese cando as poboacións veciñas da Serra da Estrela se refuxian ó norte do Douro, rexión que no futuro será a Gallaecia bracarense, ata onde César os persegue para os someter, cousa que consigue e abre a ruta terrestre do sur de Iberia ata os pobos do noroeste.
César abríu tamén a ruta marítima(61 a.C.) que según Dion Casio percorríu dende Cadiz ata Brigantium.

Principales vías romanas
Segundo o Itinerario de Antonino hai tres calzadas principales que transcurren por Gallaecia son: 
-Vía XVIII(vía alternativa desde Braga a Astorga)
-Vía XIX(vía Braga a Astorga)
-Vía XX ou per loca maritima(vía Braga a Astorga pola costa)
Según Marcos Castro Vilas



Según Raúl Villanueva


O hábitat e os asentamentos na Gallaecia
Cos romanos en Gallaecia os castrexos van abandonando os castros e vaise creando unha rede urbana de cidades e as "villas"
Os cambios máis importantes no habitat, según Fernández Ochoa, son:
-Complexidade e mellora dos sistemas defensivos e organización das vivendas que se aliñan entorno ás rúas.
-Transformación na estructura das vivendas: coexistencia de casas circulares e rectangulares.
-Presencia de fontes-alxibes ou redes de desaugues e de canalización de auga
-Aparición de novos tipos de edificios, xeralmente con funcións públicas, hipoxeos funerarios, saunas, ...
Galicia medieval
Ó final do s. III comeza unha época de transformacións e crisis que afectarán ó Imperio Romano e a súa quebra ante o empuxe dos pobos xermánicos, recupéranse algúns castros, fortifícanse algúnhas cidades, como Lucus, e comeza a expansión do cristianismo

Os Suevos
Algúns pobos xermánicos vánse instalando en territorios do Imperio desde o s. IV namentras Roma é incapaz de frear o seu avance polo que os asocian ó Imperio a través dunha serie de pactos ou foedus antes que combatelos.
O derradeiro día do ano 406, continxentes de tres pobos xermánicos vadean o Rhin: suevos, vándalos e alanos, que acabarán asentándose en Iberia ó final da primeira década do s. V
Despois de varias corredurías e depredacións Roma consigue establecer un foedus con estes pobos garantíndolles territorio a cambio de que cesen  cas súas depredacións.
Ós Suevos cos vándalos asdingos correspóndelle Gallaecia. No 420 os vándalos abandonan Gallaecia. Nestas datas o asentamento suevo pasa de hospitium romano a transformarse nun reino. O primeiro rei documentado é Hermerico.
Dende este momento ata o 456 é un período de tensión entre os suevos e os cada vez máis poderosos visigodos. Tamén se produce unha integración cultural e relixiosa entre suevos e galico-romanos.
Dí Cossue en Celtiberia.net(http://www.celtiberia.net/articulo.asp?id=3098): "448-449: El rey Reckiario, cristiano católico, invade las “regiones más remotas” de la Gallaecia. Luego saquea Vasconia y el valle del Ebro, en connivencia con los bagaudas locales, y contrae matrimonio con la hija del rey visigodo de Tolosa, Teodorico/Teodoredo/Thiudorit. La política de Reckiario busca que se le reconozca como monarca sobre toda Hispania. En consonancia con ello, es el primer rey europeo de la época en emitir moneda en su nombre, con la leyenda “Iussu Reckiarii Rege“: "Por orden del rey Recciario"."

Leer más: http://www.celtiberia.net/articulo.asp?id=3098#ixzz21WoHeyZ8
Os visigodos, lugartenentes dos romanos, co seu rei Teodosio II vencen ó rei suevo Reckiario no 456 na batalla do río Órbigo, co que os suevos entran en decadencia e submisión ós visigodos. Dende o 456 ó 567 temos un silencio de fontes históricas, nin sequera o nome dalgúns reis suevos.
A partires do 559 comeza unha fase de debilidade visigoda(o emperador Xustiniano empéñase en recurperar territorios perdidos en Occidente) e fortalecemento suevo cunha nova expansión territorial. Este fortalecemento adquire o maior apoxeo co rei Miro(570-583). No 572 Miro emprende unha campaña contra os ruccones, asentados entre Cantabria e Navarra quizais cos obxetivos de castigo porque hipotéticamente agrediran a Gallaecia, aínda que parece máis razonable que se tratara dun intento de debilitar ós visigodos(obrigou a Leovigildo a trasladarse desde a Bética) ou que Miro buscase enlazar cos francos para formar unha fronte común antivisigótica. Pero Leovixildo vencíuno e obrigouno a pactar unha paz que lle obrigaba a renunciar a calquera razia fora das súas fronteiras, paz que durou dez anos.
No 582 Hermenexildo, fillo de Leovixildo, rebélase contra seu pai na Bética e Miro acode á Bética por razóns pouco claras. ¿Axudar a Hermenexildo ou a Leovixildo?.
A expedición Bética saldouse sen que Miro entrase en combate e voltase á Gallaecia, no camiño de volta morre Miro e comeza o definitivo declive dos suevos e a absorción por parte de Leovixildo que no 585 conquista o reino suevo.
Leovixildo impón o arrianismo.
Cabe destacar a implantación do priscilianismo.
Prisciliano  nace nalgún lugar de Gallaecia(algúns sitúano na sede de Iria) á mediados do século IV.Prisciliano basa a súa propia visión do cristianismo na lectura da Biblia e na austeridade e pobreza, todo home e muller son templo de deus polo que debe renunciar ós praceres terreais e a todo o que poida manchar ese templo. Estas ideas de austeridade e simpleza chocan ca idea de fasto e vida mundana sobre todo dos bispos que intentan declaralo herético no Concilio de Zaragoza(ano 380). As ideas de Prisciliano esténdense por toda Hispania e a Galia. Pero é apresado e condenado por bruxería(confesou baixo tortura) e é decapitado xunto cos seus seguidores en Tréveris. O corpo do mártir é traído a Gallaecia polos seus seguidores e é venerado e adorado e o priscilianismo inunda Gallaecia, e posiblemente sexa o corpo que se reverencia co nome do apóstolo Santiago, na Catedral.
Arredor do 570 chegan a Gallaecia bretóns que se asentan en Gallaecia en condición de federados dos suevos prestando servicios militares a cambio de territorio e acubillo.

Iberia nos anos 560

Reis suevos:


Reino suevo en Gallaecia

  • 410-438 Hermerico. Chegada dos suevos a Iberia
  • 438-448 Requila
  • 448-456 Requiario. Derrota no Órbigo ante os visigodos que invaden en 456

[editar]Período de loitas entre diversos pretendientes

  • 456-458 Agiulfo. Reinado(¿?) mui breve, asesinado por Maldras;
  • 456-457 Franta. División do reino (norte);
  • 456-459 Maldras(sur; teórico sucesor lexítimo de Requiario);
  • 459-461 Requimundo;
  • 459-463 Frumario. Nova división do reino;
  • 459-463 Remismundo(norte). Fillo de Maldras.

[editar]Reunificación do reino suevo

  • 464-469 Remismundo;
  • Periodo escuro: coñécense Teodemundo e Veremundo;
  • 550-559 Carriarico;
  • 559-570 Teodomiro;
  • 570-583 Miro;
  • 583-584 Eurico. Final dinástico;
  • 584-585 Andeca;
  • 585 Malarico (pretendente ó trono)
Máxima estensión do reino suevo de Gallaecia


Galiza Altomedieval(711-1037)
A crise do reino visigodo a partir do s. VII e o descontento do pobo cos seus dirixentes, entre outras razóns, explica a  rápida expansión dos musulmáns.
Un ano despois(712) do seu desembarco no sur Tariq ataca Astorga, cabeza dos tres conventos xurídicos da vella Gallaecia. Lugo, capital doutro convento e cabeza visible da Galiza nuclear, é tomada por Musa Ibn Nusayr dous anos máis tarde. A parte máis occidental da actual Galiza quedou excluída do control musulmán.
Pouco se sabe da dominación musulmán en Gallaecia. Ca rebelión dos bereberes, mediado o s. VIII os musulmáns abandonan Gallaecia.
Desde este momento Gallaecia queda nunha certa situación de terra de ninguén e propicia para os saqueos de árabes e asturianos, coma a de Afonso I.
A partires da segunda mitade do s. VIII os monarcas asturianos van controlando a parte máis oriental do actual Lugo, situación que se consolida con Fruela I(757-768).
Pouco a pouco Galiza váise integrando, pese ás revoltas, no reino astur completándose no s. IX con afonso II.
A integración de Galiza no seo da monarquía asturleonesa non está exenta de revoltas, que serán freadas ca difusión do achado do corpo do apóstolo Santiago "in finibus Amaee", bulo que é aprobeitado para acirrar ós "reconquistadores" contra os musulmáns.
De todas formas o Reino Astur é coñecido así, de portas adentro, de portas a fóra coñécese maioritariamente polo nome latino da provincia que naqueles anos evolucinou a Gallecia. Reino de Galleciae e Asturiae: DCCXCVIII. Venit etiam et legatus Hadefonsi regis Galleciae et Asturiae, nomine Froia, papilionem mirae pulchritudinis praesentans (…) Hadefonsus rex Galleciae et Asturiae praedata Olisipona ultima Hispaniae civitate insignia victoriae suae loricas, mulos captivosque Mauros domno regi per legatos suos Froiam et Basiliscum hiemis tempore misit.” (Annales Regni Francorum, en apunte do ano 798).
Os árabes tamén seguían chamando galaicos ós cristiáns do noroeste
Poño aquí parte dun artículode Cossue en Celtiberia.net: http://www.celtiberia.net/articulo.asp?id=3096#ixzz1vy0u7fda
moi interesante:
"2.- El siguiente documento, del año 818, y correspondiente al tumbo de Sobrado (edición de LOSCERTALES DE GARCÍA DE VALDEAVELLANO, “Tumbos del Monasterio de Sobrado de los Monjes”):
TESTAMENTUM QUOD FECIT DOMNUS ALOITUS COMES DE SANCTO UINCENTIO DE UILLA OSTULATA in nomine sancte et indiuidue Trinitatis, siue ob honorem sancti Uincenti leuite et martiris Christi, cuius basilica esse dignoscitur in uilla que ab antiquis uocitabatur Lentobre et nunc uocitatur Ostulata, subtus castro Brione, territorio Montanos iuxta riuulo Tamare. ego exiguus ac pusillus seruus seruorum Dei Aloitus comes peccatorum mole depressus in spe et fiducia sanctorum meritis respiro, non usquequaque desperatione deicior, set teste conscientia reatum mei criminis expauesco. ut ergo per te sanctissime martir reconciliari merear a domino Ihesu Christo atque sanctorum omnium meritis eterna gaudia possideam, de paupertacula mea offerre uolo sancte ecclesie tue quod uoui ex proprio corde cum summa deuotione. scriptum namque est: "uouete et reddite Domino Deo uestro". et ideo cum omni affectu cordis ipsum meum uotum implere procuro. itaque concedo et offero glorie tue atque sacrosancto altari tuo in loco iam supradicto uilla Ostulata, que mihi concesserunt per scripturam filii Rikilani suas portiones quantum ibidem habebant inter suos heredes ab integro, ipsi filii Riquilani nominibus Uilloi Auolna, Astaguerra, Gasnildi et Trassaricus pro comtemptione que habebant cum Uittina et filiis suis, pro ista iam dicta uilla uel pro aliis in giro ista. et per ordinationem domni Adefonsi principis concessi ego iam nominatus Aloitus post partem filiorum Rikilani et eieci de illis ista Uittina, excepto quod non illam eieci de ista uilla Ostulata. et ipsi superius nominati consilium inter se agitantes ut erant germani dederunt mihi in ista uilla suas portiones per terminos antiquos, quantum ibidem eos competebat, et eiecerunt de ista alias ubi iam heres eram. modo tamen stante ipsa uilla post meam partem uel heredum meorum, Uittine, Gunderannus, Ruderici et Curuelli, annuit inter nos bone pacis uoluntas ut diuisissemus ista uilla in tribus heredibus sicut et fecimus. prendidi ego iam dictus Aloitus IIIa portionem in ista uilla per marcos certos et sinales, id est, per puteum qui est in medio castro et inde in directo ad dexteram partem per carralem antiquum quomodo aquam uertit ad ecclesiam contra solem usque in Tamare, ad sinistram uero partem per alium carralem antiquum et inde per marcos et signales et inde in directo ad riuulum qui discurrit de Montana usque in Tamare; omnem ipsam terciam portionem in ista uilla cum cunctis terminis et adiacentiis suis, arbores, terras, pratis, pascuis, paludibus, aquis cum ductibus suis, ab integro offero sacro altari ecclesie tue pro uicto atque uestito sacerdotum et monachorum Dei in ista ecclesia deseruientium, siue pro luminaria altaris tui uel helemosinis pauperum sicut usque nunc iuri meo firmiter mansit uel manere potuit, sic omnia cum omni uoce prosecutionis mee ecclesie tue offero perpetualiter habituram. quem tamen scriptum uel titulum donationis ecclesie tue traditum, in arcis eiusdem ecclesie repono, et omnia supradicta ipsi ecclesie ab hac presenti die uel tempore iure perpetuo possideatur. quod cum iuramento confirmo per Deum celi et regnum glorie sue, quod contra hunc factum meum nunquam ueniam ad irrumpendum. si quis tamen homo quod fieri non credo de propinquis uel heredibus meis contra hanc cartulam testamenti uel donationis ad irrumpendum uenerit, primo sit excommunicatus et cum Iuda traditore in eterna pena damnatus, et insuper regie po[tes]tatis afflictus, pariat uoci ecclesie ipsa uilla duplata, et hanc scripturam testamenti plenam in cunctis obtineat firmitatis rouorem. facta cartula testamenti uel donationis kalendas septembris, era DCCCa LVIa. Aloitus in hanc cartulam testamenti uel donationis a me factam manus meas [sig.], Badamundus abbas ts. [sig.], Hysmael abbas ts. [sig.], Eugenius abbas ts. [sig.], Sendericus presbiter ts. [sig.], Ildemirus presbiter ts. [sig.], Proamius presbiter ts. [sig.], Astrulfus iudex ts. [sig.], Elarinus presbiter et iudex [sig.], Uittina cum filiis suis cf. [signa], Didacus ts., Recemirus ts., Kenderedus ts., Rodericus ts., Gillos ts., Ascaricus ts. notitia de illis qui presentes fuerunt in ipsas uillas consignatas post partem filiorum Rikilani qui uenerunt cum domno Aloito. de Asturias isti sunt: Suniemirus, Senior, Crescentius, Teodemirus, item Suniemirus, Ansila, Daniel, Quonimio presbiter; de Iria, Baldericus presbiter ts., Petrus presbiter ts., Ansuetus presbiter ts., Franzemirus presbiter ts., Sisnandus presbiter ts., Anulfus presbiter ts., Trastemirus ts., Felix ts., Florentius ts., Genetibus ts. sub Christi nomine Kindulfus Dei gratia episcopus cf. [sig.]. 
En este documento sin desperdicio, del reinado del príncipe Adefonso (Alfonso II; véase que no hay más título en este texto que príncipe), puede observarse que el conde (es decir, agente comisionado por un poder superior, en este caso el de Alfonso) Alvito realiza una concesión de una herencia, habiendo entre los testigos gentes que habían venido de Asturias e Iria (Padrón) a realizar una repoblación en las cercanías del actual Santiago. La villa es la actual Vilouchada, y se nos informa que las heredades cuentan con límites antiguos (luego la zona no estaba despoblada, porque el límite  se especifica). Se nos dice también cual es su antiguo nombre del lugar, el celta Lentobre “bajo el castro Brión” (otro celtismo). Por otra parte el confirmante del documento es el obispo de Iria Kindulfo, en aquella época el personaje más importante del occidente de la actual Galicia.
Lo que se nos transmite en este docuemento es que el reino asturiano se expandió por Galicia no por la guerra, sino por la colaboración entre las gentes y entre los poderosos. Un instrumento poderoso de esta política era la repoblación, que no debe entenderse como poblar lo vacío, que a veces también, sino como reconstruir, mejorar, y reincorporar a un Derecho con una justicia suprema que va a ser la del rey. No huelga decir que esta relación, con sus más y sus menos derivados de las ambiciones personales de unos u otros señores, fue fructífera y enriquecedora."

De todas formas Gallecia seguíu de certo modo tendo un algo non sometido que levará a condes, colonos e soldados ó norte de Portugal ata Coimbra
Polo cronicón Laurbanense (de Lorvão, Portugal, editado en Portugaliae Monumenta Historica) sabemos que:
"Era DCCCCVI obiit ordonius rex, et perhunctus est adefonsus in regno ipso die in sancto pentecosten.
Era DCCCCXI prenditus est Portugale ad Vimarani Petri.
Era DCCCCXVI prendita est Conimbria ad Ermegildo comité"


Xa que logo no ano 868 sube ó trono Afonso III. No ano 873 Vimara Petri, conde das cercanías de Santiago, conquista Oporto, en 878 o conde Ermegildo de Présaras, fundador do mosteiro de Sobrado, toma Coimbra

Hai que facer notar que na antigüedade o nome do reino indicaba onde solía vivir o rei.
Algúns do reis asturleoneses son galaicos ou descendentes de galaicos.

Ordoño II, fillo de Afonso III, e rei exclusivo de Gallecia entre 910 e 914 e cando morre seu irmá García, rei de León, apoderáse do conxunto do reino. Ordoño morre no ano 924 e sucédeo no trono seu irmá Fruela II, o que fora rei de Asturias. Fruela II falece no ano 925 e os fillos de Ordoño II e os fillos deste levántanse contra seus primos os fillos de Fruela II e fanse co reino, que reparten da seguinte maneira:
Sancho Ordóñez, Gallecia.
Afonso IV, León.
Ramiro, o máis novo, gobernará Coimbra sin título de rei.
Sancho Ordóñez, rei de Gallecia, morre sin descendencia e Afonso IV faise co conxunto do reino. Seguiránno Ramiro II, Ordoño III, Sancho I de León e II de Gallecia, que foi deposto temporalmente polo partido castelán de Ordoño IV, e Ramiro III que reinou ata o ano 985 no que foi vencido polo partido galaico que fixo rei a Vermudo II, fillo de Ordoño III, e reinou en León desde 985 ata 999.
Neste siglo X e XI as loitas por poñer un candidato de Castela ou Gallecia son contínuas.
A Vermudo II seguíno seu fillo Afonso V, e a este seu fillo Vermudo III que por mor das intrigas castelanas tivo que guerrear con Sancho III de Navarra, este ocupou Zamora e a capital de León dando privilexios co título de "regnante in Legiones"(rei de León), Vermudo III tivo que refuxiarse en Gallecia pero é derrotado na batalla de Tamarón polo seu cuñado Fernando I e o trono de Gallecia pasa a mans de Fernando I. A nobleza de Gallecia nunca aceptou de bo gusto ó castelán ó que consideraban asesino  e usurpador do trono de seu cuñado.
 A batalla de Tamarón supuxo que o predominio de Gallecia sobre Castela e León quedase agora baixo o poder de Castela de Fernando I, que en 1063 reparte o reino como sigue:
Sancho, Castela e os tributos de Zaragoza.
Afonso VI, León e os tributos deToledo.
García, Gallecia, Portugal e os tributos de Badaxoz e Sevilla.
En 1071 Sancho e Alfonso VI atacan a seu irmá de Gallecia e vénceno na batalla de Santarém e García ten que refuxiarse en Sevilla ata que no ano 1072 morre Sancho e recupera o reino ata que no 1073 é traicionado por Alfonso VI que o encarcelou no castelo de Luna(montes de León) ata o ano 1090 que faleceu e foi enterrado encadenado. Polo tanto Alfonso VI é rei de Gallecia, Castela e León.
En 1092 Alfonso VI Casa a súa filla Urraca co conde de Borgoña Raimundo ós que lle otorga o reino de Gallecia como condes de Gallecia con tódolos poderes xa que Raimundo firma como "comes Raimundus totius Gallecie senior et dominus"  e "comes domnus Raimundus, totius Gallecie imperator" (Tb. A Santiago 1095 e 1107). Desta época e Diego Xelmírez, bispo de Compostela. Raimundo e Urraca teñen un fillo que será educado polo Conde de Traba e reinará como Alfonso VII o Emperador, dado que Sancho, heredeiro de AlfonsoVI, morre en 1108 pouco despois de seu cuñado e rei Raimundo. Alfonso VII reinará ata a súa morte en 1157. No seu reinado fráguase a independencia de Portugal como unha reacción da nobreza en contra dun poder alleo. Despois da victoria de San Mamede(1128) Afonso Henriques aparece como verdadeiro rei de Portugal aínda que non tomará o título ata mediada a década dos 40. En relación ca fronteira con Gallecia di Mattoso: "(a fronteira é) un espacio e non unha liña ... creo que non había unha noción rigorosa de fronteira, cunha liña tallante e limitadora de áreas de poder antes da xeneralización dos conceptos de medida e de canatidade". De feito nobres galaicos permanecen en Portugal, como Vermudo Pérez de Traba(irmán do amante de doña Tareixa, Fernando Pérez de Traba, o causante da rebelión da nobreza portuguesa), Fernando Pérez Cativo, e os irmáns Gonzalo e Men Rodríguez, descendentes dos Traba.
Á morte de Afonso VII o reino divídese unha vez máis entre os seus filos, quedando:
Fernando II, Gallecia e León.
Sancho III, Castela.
Fernando II reinou ata a súa morte en 1188 que o sucedeu seu fillo Alfonso IX. Este reina ata 1230 cos títulos de "rex Legionis et Galletie" e de Badaxoz. Opúxose sempre a que as relacións que tivera con Castela perxudicaran o seu reino. Non participou na batalla das Navas de Tolosa(1212).

Di Cossue en Celtiberia. Net:http://www.celtiberia.net/articulo.asp?id=3096#ixzz1vy0u7fda 
"De echo, es Alfonso IX el único rey no portugués que nunca haya dado un privilegio en gallego: el Foro de Castro Caldelas de 1230:
“(…) Imprimeiramente, omês do Bon Burgo non ayan nullo señor senom el Rey ou quen esse Burgo tover de sua mão (…)"

 Á Alfonso IX sucedéuno Fernando III o Santo que xunta os reinos de Castilla e Toledo, León e Gallecia.
A Alfonso IX sucedeuno Alfonso X o Sabio, compositor e poeta en lingua galaica.
A partires de Alfonso X os reis de Castela vánse separando de Galiza ata que na guerra(1367) entre Pedro I e Enrique de Trastamara, que favorecíu a éste, e que os galegos apoiaran mairitoriamente a Pedro I, encóntranse cun rei non deseado. Os galaicos chaman a Fernando I de Portugal como rei que acude e Galiza é portuguesa medio ano ata que Enrique ataca con axuda inglesa e recupera galiza a non ser Tui e Coruña que serán portuguesas varios anos e emitirán moeda a nome de Fernando I de Portugal ata as paces de Santarem de 1373.
Algúns datos desta época relacionados con Galiza:
-No ano 1354 Prdro I O Cruel conmociona o reino cunha boda fulgurante con doña Xoana de Castro, irmá de Fernando de Castro, abandonándoa o día seguinte.
-Nas liortas polo trono de Castela que mantiña Pedro I e Henrique de Trastamara, Pedro acudíu a Galiza en busca de axuda chegou a contactar con Fernando de Castro e co arcebispo de Compostela, cinco días máis tarde eran asasinados o arcebispo máis o deán da catedral por órde de don Pedro. Presentouse Henrique en Galiza e fíxose practicamente con toda ela aínda que non puido convencer a Fernando de Castro, encerrado tras as murallas de Lugo e máis tarde en 1367 acode a defender a Don Pedro I na batalla de Naxera que solventaron a favor e provocou a fuxida de Henrique a Aragón e a volta do reino momentaneamente á Pedro. A crueldade de Pedro fai que os nobles se decanten máis por Henrique, que asedia Toledo a donde acude o Cruel a socorrer a cidade. No Campo de Montiel, diante do castelo onde se refuxiaba Pedro, prodúcese o enfrontamento corpo a corpo entre Pedro e o seu medio irmán Henrique e é donde encontra a morte Pedro. Algunha cidades como Carmona, Zamora ou Cidade Rodrigo non aceptaron a Henrique e acolléronse a Fernando I de Portugal coma sucesor de Pedro I, as cousas foronlle ben a Fernando I ata 1371 en que os Adiantados Maiores de Castela e Galiza, don Pedro Manrique e don Pedro Ruiz Sarmento o venzan en Porto de Bois e o obriguen a cruzar o Miño. Fernando de Castro voltou a Galiza sublebándoa mentras Zamora, Ciudade Rodrigo, Carmona e Alcántara resistían ó poder de Henrique. No 1370 unha frota cantábrica derrotou a postuguesa e no 1371, ante a caída de Zamora o rei de Portugal asinou un tratado de paz. Nesta concordia de Alcoutim establécese o matrimonio da filla de Henrique, Leonor, con Fernando I, levando como dote a princesa Allariz, Monterrei, Valencia de Alcántara e Cidade Rodrigo, que pasarían a formar parte de Portugal pero don Fernando perde a cabeza por unha dama castela, Leonor Téllez á que obriga a divorciar para casarse con ela, o que exime a Henrique II de Trastamara de cumprir o establecido en Alcoutim.
Henrique II e a súa dinastía levan o nome dun dos máis tradicionais condados de Galiza, o de Trastamara, que toma o seu nome do Tambre, límite sur desa demarcación.

Houbo varias liortas máis entre Castela e Portugal nas que andivo polo medio tamén Galiza que perdurarían no tempo.

Despois de moitas voltas, revoltas, intrigas e mortes polo trono de Castela chegamos a voda de Isabel de Castilla con Fernando de Aragón o 14 de setembro de 1469, aínda que a lexítima herdeira de Henrique IV era dona Xoana e non Isabel.
O distanciamento de Castela con Galiza era manifesto dende Fernando III, só monarcas como Alfonso XI e Henrique II se molestaron en achegarse a Compostela nestes dous séculos. Cando Isabel e Fernando se achegan a Galiza(1486) había máis de cen anos que non aparecía o rei por ela, aínda que tódolos ascensos nobiliarios que se producen en Castela teñen reflexo en Galiza, como o malestar social, as loitas entre bandos, o bandolerismo e os excesos aristócratas. No medio destas liortas quedou a guerra irmandiña, que merece un aparte.

A revolta irmandiña

A guerra irmandiña ten uns prolegómenos que é convinte tratar.
O s. XV é pródigo en revoltas de todo tipo cos protagonistas de sempre: bispos(co de Santiago destacado), nobres e concellos e nas que sempre saían extorsionados e malparados o campesiñado e a crase baixa. Isto provocaría a revolta irmandiña.
O primeiro conflicto que ten lugar en Galiza sitúase en Compostela. O instigador é Rui Sánchez de Moscoso, destro e valente guerreiro que en 1418 organizou unha Irmandade tipo asociación que xa funcionaba en Castela había tempo, na que participaban comerciantes, artesáns e habitantes de Santiago co pretexto de protexer a vila ante a ausencia do arcebispo Lope de Mendoza que se atopaba na corte de Xoán II. 
O Moscoso procúrase a connivencia de don Álvaro de Luna e en 1422 estourou a revolta na que nos conta A. López Ferreiro dun memorial que cabido e arcebispo enviaron ó papa Martiño V: "quisieron entrar a mano armada en la catedral y amenazaron con enterrar vivos a los canónigos en las huesas que habían abierto en la Quintana obligándolos a permanecer encerrados en la iglesia; y para evitar su ferocidad los tribunales eclesiásticos tuvieron que refugiarse en el monasterio de Osera".
Os irmandiños perseguiron a un bacharel en Teoloxía que os increpara ata o convento de Santa María a Nova(hoxe Universidade) co animo de mallar nel pero algunha persoas impedíronllelo e foron cara Santa María de Sar á procura do seu Prior frei Gonzalo, bispo de Laodicea "al cual querían matar", pero o prior non estaba e levaron libros e trigo e de volta meteron no cárcere a unha muller, ó parecer inocente, e "la hicieron azotar públicamente"
Ante o cal na corte o duque de Arxona, Fadrique Enríquez, era nomeado Pertegueiro Maior de Santiago sen que Lope de Mendoza soupera nada.
O principal estudioso destes anos A. López Ferreiro non nos di o momento en que Lope de Mendoza se fixo co control de Compostela.
En Ourense Don García Díaz de Cadórniga e Pedro López de Mosquera, escudeiro e alférez do duque de Arxona dirixen ós rebeldes que se opón ao bispo don Francisco Alonso ó que encarcelan na catedral e ao que lle fixeron "muytos enojos e males e daños". O 3 de novembro de 1419 o bispo caía do seu cabalo no Pozo Maimón en Barbantes e morríu ó día seguinte. Ó pouco tempo unha peste matou a moita xente e a cidade converteuse nun escenario de penitencia.

1ª Revolta Irmandiña
A revolta producíase contra os cabaleiros nobres laicos pero sin cuestionar á autoridade real nin ós seus bens.
Tivo lugar en 1431, no territorio de Nuno Freire de Andrade o Mao.
A revolta comeza en Ferrol e esténdese a Pontedeume e Vilalba e tivo a suficiente importancia como para que na corte de Xoán II souperan do suceso. Cóntanos o cronista Fernando Pérez de Guzmán o que pensaban os campesiños do Mao: "era señor muy fuerte e duro e que no lo podían comportar, e hacíanle guerras tres mil hombres e más"
Según nos conta o cronista derrubaron varias fortalezas e a revolta estendíuse ós bispados de Lugo e Mondoñedo "que serían diez mil hombres y más" e que tomaran por capitán ó fidalgo Roi Xordo que se instalou en Pontedeume e o Andrade tivo que fuxir. Xoán II enviou a Lope de Mendoza e ó Bispo de Cuenca para arranxar as cousas pero os irmandiños non aceptaron a mediación e atacaron Santiago de Compostela onde fracasaron. O Andrade voltou a Pontedeume co apoio do Correxidor Real Gómez García de Hoyos e venceron ós irmandiños que tiñan á muller e fillos do Mao prisioneiros no castelo. A represión foi brutal.
En Tui en 1434 os campesiños enfróntanse nun preito ca diócesis por mor da luctuosa, imposto que os campesiños tiñan que pagar ó señor á morte deste. Os campesiños teñen o apoio das vilas do señorío como as de Baiona e A Garda. O preito foi longo.
Na seguinte década a vila de Allariz rebélase pola doazón que Xoán II fixo da cidade ós Pimentel, condes de Benavente en 1446 e que non foi aceptada polos veciños que non querían a separación do reguengo do Arnoia.
En 1455 é de novo a cidade de Ourense que se enfronta ó señorío episcopal. Os disturbios comezan o 1º de xullo e continuaron os seguintes ata o 19 de setembro cun enfrontamento armado no que os homes do Castelo Ramiro atacan a cidade matando dous veciños, namentras desde o palacio do bispo queiman as casas que o rodean para facer máis fácil a súa defensa pero é tomado polos veciños. A revolta foi totalmente urbana, sen campesiños, que rematará ca chegada do representante da monarquía para negociar entre os dous bandos.
En 1457 os veciños de Lugo rebelábanse contra o bispo o cal logrará impoñerse e expulsando ós cabaleiros que lle facían fronte da cidade, pero en 1461 os cabaleiros expulsados voltan e dominarán a cidade uns anos ó longo dos cales se produce a loita cos partidarios de Vaamonde, quen é expulsado da sé e tivo que recurrir varias veces á Corte.
En 1458 créase en Santiago unha Irmandade de toda a nobreza da Terra de Santiago, Muros e Noia contra o arcebispo don Rodrigo de Luna porque éste fixera un chamamento para ir á guerra de Granada comandada por Henrique IV. A Irmandade fixo un chamamento a outras vilas para que se integraran nela, cousa que aceptou Pontevedra, cidade á que se foi refuxiar don Rodrigo de Luna á súa volta de Granada ó atopar as portas de Santiago pechadas, pero pouco despois tiña que abandonar a vila para acudir a corte de Henrique IV para resolver a cuestión. A Irmandade, dirixida pola Nobreza, conseguíu en Santiago facerse cos bens do arzebispo, destituir ós cargos do concello postos polo bispo Luna e poñer neles a xente da súa confianza.
Henrique IV conminaba ós rebeldes a depoñer a súa actitude e que quedaran as cousas como estaba ata que os seus oficiais xuzgaran os feitos.
Nembargantes as vilas de Noia, Muros, Padrón, Muxía e Fisterra obrigábas a recoñecer coma señor ó arcebispo de Compostela, ninguén fixo caso e o bispo foi a corte co que se facía preciso o uso da forza, pero tal como estaba o reino en guerras non era posible, polo que o monarca enviou a Santiago comendadores para que restituísen o señorío ó Luna ca axuda de varios nobres galaicos, pero estes non só non lles fixeron caso si non que os hostigaron, o que sorprendeu ó rei Henrique. A chegada a Galicia do Correxidor Maior Xoán de Padilla fixo que Bernal Yáñez de Moscoso lle entregase varias fortalezas que foran do arcebispo e que quedarían en máns do Correxidor ata que se solucionasen os feitos.
Máis drásticas eran as ordes do rei cos concellos para que se presentasen na corte.
Tamén Pedro Álvarez Osorio, conde de Trastamara, cercaba a Rocha Forte de Santiago e o rei ordenáballe levantar o asedio ou perdería tódalas mercés donadas pola Coroa, sendo o Correxidor o encargado de observar a fin do acoso ou obrigálo pola forza. Pero as forzas do Correxidor non eran suficientes para facer cumprir as ordes reais e producíse un armisticio. O arcebispo conseguirá levar a victoria polas discrepancias entre os nobres.
Ó arcebispo Luna seguiráo Alonso de Fonseca primeiro deste nome que rexirá o palacio arcebispal de Santiago.

2ª Revolta Irmandiña
                                                               Castelo de Sandiás,  destruido polos Irmandiños  en 1467

Nos anos 1467 a 1469 prácticamente toda Galiza se levanta contra o feudalismo.
A xustiza Irmandiña fáise no nome do rei(aínda que lonxano de Galiza como era Henrique IV e non moi querido) polo que non é unha revolución nacionalista como algúns autores pretenden dar a entender.
As causas: inxustiza, inseguridade, bandolerismo, opresión nobiliaria, ... o de sempre.
A primeiros do ano 1467 tivo lugar a Xunta Xeral da Irmandade en Fuensalida(Toledo) na que estiveron representados os concellos galegos e é a partires de entonces cando a Irmandade galaica comeza a organizarse e é aprobada por Henrique IV. Nesta Irmandade están reflexados os agravios, espolios, excesos e bandidismo dos señores galegos e señoríos eclesiásticos contra os vasalos, campesiños e cidadáns, que se remiten á Xunta Xeral que se celebraría en Medina del Campo en Abril:
-Os mariñeiros de Vilanova de Arousa quéixanse dos excesos do arcebispo de Santiago Suero Gómez de Soutomaior.
Os Campesiños de Sande, Arnoia, protestan polos abusos do conde de Benavente.
-O grandes señores eclesiásticos quéixanse dos atropelos nobiliarios.
Namentres estas protestas se van tratando a Irmandade vaise formando, organizando e estructurando por toda Galiza e vai impartindo xustiza e encontrándose cos infractores: os señores feudales e as súas fortalezas. E é a comenzos de abril que se empezan a derrubar castelos coma o Castelo de Ramiro(Ourense) e a propiedade dos seus bispos, o Castelo de Sandiás, o de Rodeiro e así a maioría das fortalezas galegas. Moitos señores galegos tiveron que fuxir de Galiza, como o arcebispo Fonseca, Diego de Andrade, Sancho de Ulloa, etc., pero non tódolos señores tiveron o mesmo acoso e así algúns nobres apenas sufriron ataques coma Lopo Sánchez de Moscoso, Gómez Pérez das Mariñas, etc., que alguns estudiosos achacan a que tiñan boas relacións cos concellos das cidades veciñas coma é o caso dos Moscoso en Santiago.
Segun A. López Carreira foron derruídas en Galiza como mínimo 155 fortalezas, poucas se libraron de ser queimadas, como a de Pambre; algunhas entregáronse sen oposición, como a de Rodeiro, outras resistiron longo tempo, coma a de Ínsua en Souto de Vea(tres semanas) ou a de Allariz(oito meses), mesmo algúns coma Pedro Álvarez Osorio, conde de Lemos, ó que lle botaran a baixo varias fortalezas, foi quen de derrotalos, aínda que os irmandiños acabárono perseguíndo ata Ponferrada e acabaron derruíndolle varios castelos no Bierzo; é de mencionar Álvaro de Soutomaior, en Tui, que resistíu e só entregou o castelo á súa morte. 
A furia dos Irmandiños contra os castelos estaba fundada en que neles se agochaban os foraxidos que eran encobertos polos señores feudales e mesmo os directores da Irmandade non eran quen de controlar ós irmandiños que estaban cansos dos aldraxes dos seus señores.
Esta carraxe durou aproximadamente un ano: dende a primavera de 1467 á de 1468.
En principio a Irmandade actuou dunha maneira "legal" intentando que os nobres entregasen as súas fortalezas no nome do rei. De feito Henrique IV temía as accións da Irmandade galega pero a mediados de 1467 otorgoulle as súas benzóns autorizando os derrocamentos das fortalezas e mesmo instaba ós alcaldes que entregasen ós Irmandiños as fortalezas cercadas co que os levantados colleron máis folgos. O rei non ordenaba o derrubo das fortalezas, só autorizaba a súa toma. Os alcaldes eran o símbolo do poder real e de executar a súa xustiza. No xuizo do preito Tavera-Fonseca unha testemuña di "Los alcaldes de la dicha hermandad azían justicia, asaetaban e quando justiçiaban alguno dezían e sonaban el pregón que aquello mandaban el rey e la sancta hermandad".
Non só se derrocaron fortalezas, tamén se axustizaron bandidos e mesmo se lle devolvíu ós seus donos fortalezas que foran tomadas pola forza por señores feudais como é o caso do mosteiro de Celanova que fora usurpado polos Sarmiento. Nin igrexas nin mosteiros foron asaltados e o clero continuou cos seus privilexios. Aínda que os señores eclesiásticos eran os maís poderosos de Galiza só o arcebispo de santiago foi perseguido, claro é que tamén o seu proceder era similar ó da nobreza.
Aínda que algúns castelos da curia eclesiástica foron derrocados algúns prelados foron os grandes beneficiados xa que os castelos dos seus "protectores" foron derrocados coma é o caso dos Sarmiento, Pimentel, etc. Mesmo os cabidos catedralicios apoiaran firmemente a constitución da Irmandade e que cualificaran como Santa Irmandade e mesmo xuraran fidelidade sendo algún coengo dirixente irmandiño e ata aportaron económicamenta á causa.

Pero a revolta Irmandiña, despois de dous anos, tocaba ó seu fin. En setembro de 1468 asinábase o Pacto dos Toros de Guisando entre Henrique IV e a súa media irmá Isabel polo que a guerra civil remataba. A nova situación do reino favorecía ós nobres exiliados en Castela e Portugal que esqueceron as rencillas entre eles e xuntaron forzas para vencer ó enemigo común: os irmandiños. Mesmo contaron con tropas doutros nobres nos reinos veciños. O rei mirou para outro lado e permitíu a volta da nobreza á que antes permitira "axustizar". O primeiro en tomar a iniciativa foi Pedro Álvarez de Soutomaior, Pedro Madruga, que voltou de Portugal e que derrotou ós irmandiños en Compostela, despois de xuntarse co arcebispo Alonso de Fonseca, e Xoán Pimentel. Esta derrota acabou ca forza Irmandiña que xa non realizaría máis Xuntas Xerais. Outros que voltaron do exilio foron o Conde de Lemos desde Ponferrada cara Monforte acompañado de Pedro Pardo de Cela.
Foi o fin da Irmandade. Cada nobre nos seus dominios foi cortando as pequenas revoltas que se producían. O arcebispo Alonso de Fonseca acaba por aliarse cos irmandiños e mesmo é acusado de levantar ós irmandiños contra os nobres.
A finais de 1470 o conde de Lemos, Sancho de Ulloa, Xoán de Zúñiga, Pedro Madruga, Lopo Sánchez de Moscoso, Diego de Andrade, Suero Gómez de Soutomaior e Diego de Lemos alíanse para combater ó arcebispo Fonseca, a marquesa de Astorga e o que quedaba da irmandade, alianza que ratifican en 1471 no mosteiro de Carboeiro.
A nobreza fíxose co control de practicamente toda Galiza. 
A Irmandade, derrotada no campo, refuxióuse nas cidades coas que fará Fonseca acordos para facer fronte ós nobres, outra vez seus enemigos.
A resistencia irmandiña, cada vez máis débil, prolongóuse ata 1474 en que morre Henrique IV e comeza a loita civil entre a que sería a raíña Isabel "a católica" e súa sobriña Xoana a Beltranexa.
Algúns, poucos, irmandiños foron perdonados, como é o caso de Allariz no que o Pimentel, conde de Benavente: "perdonamos a los que biven en la dicha villa d'Allaris" pero na súa meirande parte obrigaron ós vasalos a reedificar as fortalezas que derrocaran. Normalmente obrigaron ós campesiños á man de obra e a traeren os animais precisos para a reconstrucción e ós seus vasalos gravaronlle un imposto para obter fondos para a reconstrucción. Ó parecer Alonso de Fonseca non obrigou a todos ós seus vasalos a reconstruir as fortalezas que derribaran nin lle obrigou a pagar os gastos de reconstrucción, aínda que nalgúns casos sí os obrigou como conta un labrego do Morrazo ó referirse á reconstrucción do Castelo de Darabelo que os campesiños o levantaron: "a sus costas".
Mesmo houbo algún caso illado de prisión.

Os Reis "Católicos"

En canto a repercusión do reinado de Isabel e Fernando en Galiza, aínda que a historiografía tradicional o considerou coma unha idade de ouro no que todo foi positivo é consecuencia de que os reis promoveron a súa propia imaxe positiva por medio das crónicas, e logo máis tarde o fascismo do dictador Franco que tratou de inculcar esa imaxe de santos e grandes administradores que foron e que foi a orixe de "España una, grande y libre" e mesmo retomou os sínbolos dos Reis "Católicos"(o xugo, as frechas, o escudo), pero na realidade as cousas non foron tan boiantes e xustas como fan ver, caso por exemplo das matanzas, torturas, deportacións, "Santa" Inquisición, etc. que promoveron. Nin tampouco foron tan ruíns como os nacionalismos decimonónicos nos deron a entender.
Outra acepción que se soe ter e que Isabel e Fernando uniron toda Hespanha e é mentira. Portugal, Navarra e Granada(nun principio) non entraron nos seus dominios, e mesmo o Condado de Barcelona non foi de todo da súa coroa. 
Isabel e Fernando uniron as Coroas de Castela e de Aragón e máis nada, de feito á morte de Isabel(1504), Fernando foise a Aragón, aínda que por circunstancias acabou reinando en Castela e Aragón.
Os Reis Católicos nunca o foron de Hespanha, fórono dunha demarcación que abranguía os reinos de Castela e Aragón, pero non do que hoxe é Hespaña e menos de toda a península, e mesmo os reinos de Castela e Aragón tiñan as institucións de goberno independentes. En Castela un Aragonés é extranxeiro e viceversa. Nunca houbo o sentimento de unidade que algúns queren facer ver(e aínda non o hai hoxe en día). Uniron as Coroas, pero as fronteiras continuaban. Un feito que demostra esto é que Castela sempre tivo o monopolio sobre a conquista das "Indias", as terras conquistadas pertencíanlle a Castela e quedaban excluídos dos seus beneficios os estranxeiros: cataláns, aragoneses, valencianos e baleares.
Outro bulo é que "tanto monta, monta tanto" non é de todo certo, a voz cantante levaba Isabel porque o exército de Castela era o máis poderoso. E mesmo o lema "Tanto monta" vése normalmente rodeando o xugo e máis as frechas no escudo, pero non o añadido posterior que é unha invención do humanista Nebrija e ten que ver co nó gordiano. O que aínda non se explicou satisfactoriamente é as frechas acompañando o xugo.
Deste escudo dos Reis Católicos ven o hoxe famoso "polo", porque o dictador Franco o retomou e é considerado fascista.
O que sí é certo é que as decisións políticas que se tomaban era conxuntamente para os dous reinos e nin Fernando era soamente rei consorte de Castela nin viceversa. Ambos tiñan os mesmos poderes soberanos sobre Aragón é Castela.
Isabel e Fernando sí buscaban aglutinar nos seus tronos o resto dos pobos de Iberia que lles restaban por someter, e a política matrimonial que usaron con Portugal iba nese camiño: en 1497 morría en Salamanca o príncipe Xoán, herdeiro ó trono, e os reis de Portugal Manuel I e Isabel(primoxénita de Isabel e Fernando) xuran en Toledo como príncipes de Asturias en 1498. As Cortes de Aragón non aceptaron como raíña á portuguesa( por mor da lei sálica) pero Isabel deu a luz un barón, Miguel e solucionábase o problema momentáneamente e houbera xuntado os tres reinos baixo o seu cetro, pero morríu en 1500.


Un pouco de cronoloxía:
No ano 1469 casaron Isabel e Fernando, que eran primos e necesitaron unha bula papal, que medio se trampeou dado que o Papa para non enemistarse con outros reinos non a concedía pero quería que se uniran para borrar o problema musulmán de Granada e os noivos presentaron unha suposta bula emitida en 1464 polo anterior Papa a favor de Fernando na que se lle concedía contraer matrimonio con calquer princesa cun lazo consanguíneo de ata 3º grao.
En 1474 morre Henrique IV e estalla a guerra civil en Castela. Isabel, media irmá de Henrique IV, e Xoana "a Beltranexa"(chamada así porque se decía que era filla de  Beltrán da Cova), presunta filla de Henrique IV(polo tanto a auténtica herdeira) e a súa 2ª esposa a raiña Xoana de Portugal, enfróntanse nun conflicto polo trono de Castela da que sale mellor parada Isabel, que é reconocida raiña de Castela en 1479, ano no que tamén era coronado rei de Aragón Fernando II(antes era só de Sicilia), co que se unían os dous reinos.
No que concerne a Galiza Isabel contaba co apoio do arzobispo Alonso de Fonseca, o bispo de Tui e os Condes de Lemos e Monterrei. O resto da nobreza galaica permaneceu neutra a non ser Pedro Álvarez de Soutomaior, conde de Camiña que apoiaba a Xoana e polo que a guerra civil tamén se traladou a Galiza e na que Pedro Madruga vencíu por dúas veces ós aliados isabelinos. Éste modo de proceder da nobreza galega enfrontándose sempre entre eles e non facendo alianza para enfrontarse ó inimigo exterior é o que levou a Galiza a someterse a outros reinos. A vida de Pedro Álvarez de Soutomaior,(Pedro Madruga), Conde de Camiña é suficiente para facer unha longa historia.
En 1486 visitan Galiza.
En xaneiro de 1492 conquistan Granada e chégase a América.
1504 morre Isabel
1505 Fernando casa con Xermana de Foix, sobriña de Luis XII de Francia.
En 1512 Fernando somete Navarra, con medias trampas é aceptado rei de Navarra en 1513. E 1515 as Cortes de Castela, sin presencia de navarros, aceptan a incorporación do reino de Navarra á Corona de Castela, aínda que a guerra para controlar o reino continuaría ata 1524, reinando o neto de Fernando, Carlos I.
Ca firma do Tratado de Barcelona de 1493 Aragón recuperou de Francia os territorios ultrapirenaicos do Rosellón e a Cerdaña.
Castela culmina en 1496 a conquista de Canarias.
Polo que concluíu a unificación de Hespanha, pero é unha unificación dinástica, baixo os mesmos monarcas os distintos reinos seguiron mantendo diferentes leis e institucións.
O título de Católicos non é coma moita xente pensa porque foran máis católicos que os demáis reis, nin porque a raíña fose unha farisea moi "piadosa", nin pola expulsión dos xudeus, a conquista de Granada ou a evanxelización de América, non, era un título que expresaba o contido de "Rei Cristianísimo" e que corresponde ós Reis de Francia.


A Santa Irmandade
A Santa Irmandade foi un grupo de xente armada creada para perseguir malfeitores e criminales. Instituída nas Cortes de Madrigal en 1476 na Coroa de Castela.
Hai quen di que posiblemente sexa o primeiro corpo policial organizado de Europa.
En Galiza os nobres xuntáronse ca intención de defenderse por si pasaba algo parecido ó dos Irmandiños.
En Galiza a S. Irmandade extralímitase e é usada non só para reprimir a bandidaxe, senón tamén para ir contra os nobres rebelados, concretamente o Conde de Camiña.
De feito comeza a derrubar fortalezas.
En 1482 os concellos galegos, que eran quen pagaban os gastos da Santa Irmandade, queixáronse de que era insoportable o seu mantemento ó mesmo tempo que pedían que os seus dirixentes foran galegos. Os Reis Católicos non lles fixeron caso e só se preocuparon de que se cobraran os impostos para a manter. Igual que pasaba no resto da Coroa en Galiza a Irmandade suscitou unha grande oposición, pero era un medio polo que os Reis tiveron homes e cartos para as guerras de Granada e logo as campañas de Italia.

Nobreza sometida

Os nobres galegos e os poderes eclesiásticos en Galiza campaban un pouco ás súas anchas, e os Reis propuxéronse, coma no resto do reino, sometelos. Para eso servíronse dos Xustizas Maiores que eran acompañados dun exército bastante poderoso. Portáronse os Xustizas M. con dureza e firmeza. E con quen comezaron foi cun seguidor de Isabel: o arcebispo Alonso de Fonseca. Os Xustizas Maiores, Acuña e Chinchilla, chamaron ós nobres, incluído Pedro Madruga, na súa axuda que se presentaron na súa axuda e obrigaron ó arcebispo a entregárllela catedral e as súas fortalezas e ir abraiado e enfurecido a Castela. Na corte o Fonseca é tratado con tódolos honores e nombrado presidente do Consello Real. Esta era a política dos Reis Católicos: nobres cargados de honra, honores, etc., pero na Corte, lonxe dos seus eidos.
A Alonso de Fonseca seguiríano os outros nobres. Un dos últimos foi o Conde de Camiña, pero derrubáronlle varias fortalezas e obrigárono a devolver Tui ó bispo Diego de Muros. Aínda Pedro Madruga fixo algunhas rebeldías, pero acabou someténdose.
Outro caso que merece atención especial é o do mariscal Pedro Pardo de Cela, non ten unha personalidade tan destacada nin tanto poderío como Pedro Álvarez de Soutomaior, pero ata na súa morte é de destacar.
Moi ben casado con Isabel de Castro, filla do Conde de Lemos.
Fora simpatizante de Isabel na loita polo trono, axudou a tomar a cidade de Zamora, axudou a Fonseca no segundo fracaso a cercar Pontevedra contra Pedro Madruga. Os reis pola súa colaboración confirmáronlle o xuro de 40.000 maravedís que lle otorgara Henrique IV. Pero os reis non querían nobres fortes e "rebeldes" e relevárono do seu cargo de alcalde de Viveiro en 1476. En 1478 os reis encárganlle ó correxidor da vila que acabara cas aldraxes e usurpacións dos nobres da comarca e en especial co Mariscal. Pedro tiña problemas co pagamento do fisco rexio e foi obrigado ó pagamento inmediato das súas débedas sen escusas nin pretextos. Asemade obrigábanlle a crear portos propios para carga e descarga e prohibíanlle construir fortalezas nas terras de Viveiro ó mesmo tempo que lle esixían a prohibición de entrar en Viveiro e na súa comarca e os reis puxeron en pé de guera ó bispado de Mondoñedo, Ortigueira e as vilas do bispado contra os cabaleiros que hostigasen Viveiro: púxo a todo o mundo contra o Mariscal
E así foi como hostigaron ó Mariscal "legalmente" e cometeron abusos e homicidios. Por esto o Mariscal non acudíu a Compostela cando os Xustizas Maiores, Acuña e Chinchilla, reclamaron axuda contra Alonso de Fonseca.
Non están moi esclarecidos os feitos dos ataques dos Xustizas Maiores e da Irmandade contra ás fortalezas de Pardo de Cela, pero D. Pedro foi capturado o 7 de decembro de 1483 e conducido a Mondoñedo, dez días máis tarde subía ó cadalso donde foi decapitado, a pesar de ter unha carta de seguro e amparo firmada por Isabel, él e máis Pedro de Miranda e algún cabaleiro máis.

Así é como se somete a nobreza galega casi sempre dividida entre eles. O de "doma e castración" é un tanto esaxerado.

A Santa Inquisición.

Contra do que moitos pensan a Inquisición non é un invento dos reis Católicos, xa levaba tres séculos funcionando en Europa e mesmo Henrique IV solicitara inquisidores perante o seu reinado.
Os Reis "Católicos", crearon o tribunal da Inquisición en Castilla e Aragón e mesmo lle deron moitos poderes para reprimir en principio ós xudeus e xudeos que se "convertiran": os conversos
O 1 de novembro de 1478, o Papa Sixto IV concede a bula Exigit sincerae devotionis pola que son autorizados os monarcas a nomear inquisidores nos seus reinos, cousa que comezan a facer en 1480.
Os conversos comezan a ser perseguidos. Os procesos e sancións son terribles: según o cronista Bernáldez entre 1481 e 1488, os inquisidores "quemaron más de 700 personas e reconciliaron más 5000, e echaron en cárceles perpetuas muchos..." O Tribunal da Inquisición castelán aparece directamente rexido pola Coroa, sin intervención episcopal.. O Pontífice anula a bula e confía a Inquisición ó control dos bispos. Ante a oposición dos Reis "Católicos" o Papa en 1483 confirma de novo a bula de 1478. O mesmo volve a pasar en 1488 co Papa Inocencio VIII e os Reis consiguen outra vez que sexan eles os que nomen ós inquisidores e máis que nos xuizos inquisitoriais non haxa apelación posible a Roma. A Inquisición, tribunal ecresiástico, pasa a ser un utilísimo intrumento do poder real. Os Tribunais vánse implantando no reino de Castela e no 1483 foi nomeado inquisidor xeral de Aragón o tristemente célebre Torquemada.
Galiza é o último recuncho onde se instaura, polo que moitos conversos que van escapando de Castela e Aragón recalan en Galiza ou usan os seus portos para fuxires.
Instalarase en Santiago en 1574 no reinado de Felepe II ante o temor deste de que o luteranismo penetre en Hespanha a través dos peiraos galegos.
Os xudeos eran marcados e perseguidos coma animais apestosos.


A Universidade de Santiago é un longo proceso que parte pola iniciativa do notario Lópe Gómez de Marzoa eo abade de San Martiño Pinario Xoán de Melgar que en 1495 fundan o primeiro colexio en San Paio de Antealtares, pero será no tempo de Alonso de Fonseca que comeza a andar (1555) realmente a Universidade compostelá.

A idade Moderna ou Antigo Réxime

A comezos da Idade Moderna un dos principais problemas que ten Galiza é a comunicación. Prácticamente os camiños de comunicación ca meseta son os mesmos ca no tempo dos romanos.

Os peregrinos que visitan e percorren Galiza quéixanse de que son poucos e mal conservados os camiños de Galiza.


Di Mª Carmen Saavedra Vázquez: "A medida que transcorre a Idade Moderna, o papel das sete cidades cabezas de provincia tende a reforzarse asumindo novas tarefas como a xestión das levas, a transmisión dalgunhas ordes monárquicas ou a deliberación sobre asuntos de carácter xeral nas reunións das Xentas do Reino".
Mapa do Reino da Galiza (1773

E seguindo con Mª Carmen Saavedra Vázquez: "No caso de Galicia o coñecemento da realidade señoril resulta bastante provisorio, a pesar dos considerables avanzos efectuados pola investigación nos últimos anos. Este esforzo permitíu o acercamento a cuestións tales como o funcionamento do señorío episcopal (Mª López Díaz), a dimensión cuantitativa do réxime señorial no século XVIII (A. Eiras), a súa representación cartográfica (F. Río Barja), ou a avaliación dos dereitos señoriais e da conflictividade xerada por eles (Pegerto Saavedra). Mesmo así, son bastantes as incógnitas que fican aínda por esclareceren, sobre todo se temos en conta que Galicia é considerada "la tierra señorial por excelencia""
Galiza seguía sendo un paraíso para os señoríos, algunha casas nobiliarias coma a de Lemos e Altamira tiñan unha grande acumulación de xuriscicións, aínda que algúns cambios se foron producindo non debido só a evolución dos señoríos senon tamén á acción da Coroa e maior importancia tivo a política de venda de xurisdicións eclesiásticas impulsadas por Felipe II. En Galicia afectou a varios mosterios: San Martiño Pinario, San Paio de Antealtares, etc., pero sobre todo ós señorios espiscopais e principalmente ó de Santiago.
En canto á poboación hai un significativo aumento de poboación en Galicia no século XVI.
A economía agraria sigue sendo a base da economía galega, seguida polo sector pesqueiro.
O campesiñado galego a partires do S. XVI sofre un forte endebedamento, debido sobre todo ás malas colleitas de finais de século, polo que tiñan que recurrir a peticións de empréstitos de gran, viño, gando e diñeiro e ante a posibilidade de satisfacer o emprestado ou de obter novos empréstitos tiña que recorrer a venda do seu patrimonio. Os compradores soían ser curas, fidalgos, representantes da xustiza señorial, artesáns, mercaderes, letrados... que logo arrendaban. Nesta época imponse o "ideal da renda"
O tópico desta época é o fortalecemento do poder real fronte á nobreza coa creación de estados modernos e a burguesía coma clase social emerxente que aínda que estaba establecida no escalón baixo do pobo moitas veces posuía máis poder económico ca nobreza. Esta burguesía é o detonante que incendiou as revolucións.

Neste contexto se movía a sociedade cando a Fernando de Aragón o sucede  o xenro dos reis casado con Juana a Loca, Felipe o Fermoso, fillo de María de Borgoña e Maximiliano I de Austria co que se inaugura a Casa de Austria na monarquía castelá. Felipe era ambicioso e dado ós excesos e cando o pobo estaba cansándose dél ocurríulle a morte por mor dos seus exesos en 1506, feito que acrecentou a perturbación mental de Juana. Polo que se lle ofrecíu a rexencia a Fernando de Aragón que estaba en Nápoles. Mentras este non chegou(1507) fíxose cargo do goberno Cisneros.
Ó morrer Fernando de Aragón(1516) sucédeo seu neto Carlos I, fillo do Emperador Maximiliano.
Carlos veu acompañado dunha corte de señores flamencos que se repartiron prebendas e lucrativas dignidades.
Á morte do emperador Maximiliano é nombrado Emperador co nome de Carlos V, como pra coronarse precisaba diñeiro convocou Cortes en Santiago, pero os procuradores negáronlle os subsidios solicitados e trasladou as Cortes á Coruña, donde estaba preparada a escuadra que o había de levar a Alemania. Con amenazas, dádibas e promesas conseguíu que lle deran un subsidio de 400.000 ducados, e embarcou(1520) deixando de rexente, contra a vontade das Cortes, en Castela ó cardeal Adriano, en Aragón a Juan de Lanuza e en Valencia a Diego de Mendoza. Como para ganar os votos dos electores que o nombraran Emperador tivo que acudir a todo tipo de dádivas, tivo que pedir prestado ós banqueiros Fuegger e Welser.

Carlos con 20 anos encontrouse con inmensos dominios.
Esta é unha época de contínuas guerras, comezadas xa con Fernando de Aragón, contra Francia.
1ª (1521-1526): polo dominio de Navarra.
2ª (1526-1529): para botar ós casteláns de Italia.
3ª (1535-1538): pola ocupación de Fco. I do Milanesado.
4ª (1542-1544): asesinato de embaixadores franceses.
5ª (1522-1556): Metz, Houl, Verdún.

Desta época é a Reforma con Martín Lutero de protagonista.

As guerras contra turcos e berberíscos tamén foron contínuas.

Deberíase tratar a chega a América e os conquistadores, pero como eso merece un tema aparte, só se nomeará cando sexa preciso.

A Carlos sucedeuno Felipe II, fillo de Carlos I e Isabel de Portugal. Casou 4 veces:
1 María Manuela de Portugal, súa doble prima.
2 María de Tudor, reina de Inglaterra.
3 Isabel de Valois, nai de Isabel C.E., esposa de Felipe III.
4 Ana, súa sobriña, filla de Maximiliano II de Alemania.

Felipe II quixo ser o "Brazo dereito da cristiandade" e gastou toda a fortuna que veu en barcos cargados de ouro e xoias de América en manter a "Monarquía Católica" e en pretender ser nomeado Emperador, cousa que non conseguíu, malia ás guerras que fixo e as fortunas que dilapidou na empresa.
No demáis pretendíu ser un rei xusto e fuxir de favoritismos.
Tivo baixo o seu cetro o máis grande imperio xamáis visto na historia. No seu tempo anexionouse Portugal e as súas colonias, aínda que os portugueses nunca se sentiron a gustos cos casteláns despois das guerras sostidas por don Xoán para facer valer os dereitos á coroa da Beltranexa contra a impostora Isabel a "católica".


Nos dominios de Felipe II non se poñía o sol pero o reinado estaba empeñado e o pobo na miseria.
O seu reinado tamén estivo marcado por contínuas guerras relixiosas e de delirio de emperador. As máis famosas batallas: San Quintín, Flandes, Lepanto e a desfeita da Invencible, na que tivo un protagonismo especial Galiza e consecuencias fatales, aparte dos galegos mortos: os mariños ingleses atacaban Coruña.
Felipe II decatouse de que Galiza era punto estratéxico para defender os seu intereses con Portugal e máis as contínuas loitas que tiña con Inglaterra, e fortalece os seus portos. En 1585 Drake foi autorizado para armar unha frota e recuperar os navíos apresados polos hespanhois ó tempo que debía facer o maior dano posible nos dominios de Felipe II. Drake fondeou entre as Cíes e Baiona para reagrupar a frota para poñer rumbo a Canarias na percura da frota de Indias. O mesmo tempo Felipe II cavilaba no seu proxecto de invadir Inglaterra ca Invencible: 130 navíos de guerra, 30 de apoio, 8.000 mariñeiros e 19.000 homes de armas. En 1588 a flota parte de Lisboa e recala na Coruña, feito que fixo evidente a falta de infraestructuras galegas para afrontar as empresas militares vindeiras e polo que incidirá na fortificación e desemvolvemento de Ferrol. Ó regreso do desastre máis de 1.000 homes tiveron que ser repartidos por toda a costa galega para o seu aloxamento, limitando, unha vez máis, os recursos galegos cas políticas bélicas da monarquía.
Despois do desatre os ingleses armaron unha expedición, comandada por Drake e H. Norris, con 17.000 homes ca intención de acabar cos restos da armada e conquistar Lisboa para poñer no trono luso a D. Antonio, prior de Crato.
O 4 de maio de 1589 os ingleses tras encontrar só 5 barcos en estado desastroso na enseada coruñesa desembarcan na praia de Oza ca intención de asaltar a cidade. A tropa de Norris non conseguíu conquistar a cidade vella protexida daquela por un recinto amurallado. Nesta batalla xorde o mito de María Pita que soupo manter o espíritu combativo dos defensores e impedir a entrada no recinto do abandeirado inglés. Tras o fracaso en repetidas tentativas a expedición inglesa toma rumbo cara Lisboa tras arrasar con lume a barra da Pescadería. Coruña quedou maltreita e a monarquía elixe Ferrol coma base da Armada do Mar Océano. Así Ferrol pasa a ser o principal porto de Galiza onde se formaron varias armadas para facerse co dominio do Atlántico. Foi difícil acoller tanta xente e acopio de carne, peixe , etc., algunha zonas costeiras beneficiáronse deste mercado de productos de todo xénero. Pero a mala organización da intendencia, o sistema de reclutamento, o retraso nos pagos por parte da Coroa, etc. fixeron que as poboacións que acolleron as tropas sufriran o esforzo realizado. Houbo embargos forzosos, abusos de todo tipo, mesmo fame. No informe remitido desde A Coruña a Felipe II en 1590 di: "Nuestra armada está como el primer día, el Reyno bien pelado y assolado con comisarios de bastimentos que han robado para sí lo que no tiene cuenta... tengo por opinión probable que si ay algún mal suceso o lo ha avido es porque se hazen las guerras a costa de la sangre y hazienda de pobres y miserables personas"

O século de ouro ca cultura castellana

Literatura

Perante o século dazaséis e casi todo o XVII alcanza as cotas máis altas a nivel mundial.
En poesía destacaron Boscán, frai Luis de León, Garcilaso de la Vega, Góngora, Ercilla.
En Teatro destacaron Lope de Rueda, Lope de Vega, Tirso de Molina, Zorrilla, Calderón de la Barca, Mira de Amescua, Cervantes.
En novela destacaron Montemayor, Gil Polo, Lope de Vega, Cervantes, Espinel, Mateo Alemán, Quevedo, Pérez de Hita.
En Mística e ascética destacaron Teresa de Jesús, San Juan de la Cruz, frai Luís de León.
Luis vives destaca coma un gran humanista
Juan Bautista de Toledo destaca como arquitecto do Escorial, por orde de Felipe II, que o comezou en 1563 ata a súa morte en 1577, aínda que a gloria a leva Juan de Herrera, autor da Igrexa e do Claustro, e que da nome ó estilo que representa.

Escultura destacan Berruguete, Nájera, Gaspar Becerra, Juan de Juni, Montañés,  o galego Gregorio Hernández autor da Piedade e a Virxen das Angustias de Valladoliz e o Cristo iacente do Pardo.
Pintura destacan Juan Navarrete, Sánchez Coello, Greco, Ribera, Velázquez, Zurbarán, Murillo, Valdés Leal.
En música destaca Antonio Cabezón.

A Felipe II sucedéuno Felipe III, fillo de Felipe II e súa sobriña Ana de Austria.
Devoto, abúlico e despreocupado polas cousas do goberno descargou as responsabilidades nos seus validos. Un deles o Duque de Lerma rexíu o reino perante 20 anos.
Aparte das grandes festas o máis destacado no reinado de Felipe III é a expulsión dos moriscos.
Herdou a guerra contra Inglaterra na que os navíos de Isabel atacaron A coruña, Canarias e Azores. A guerra acabaría ó morrer Isabel(1603) e nas relacións con Jacobo Estuardo I chegouse a paz de 1605.
Ó duque de Lerma sucedíuno se fillo o duque de Uceda, máis inepto ca seu pai aínda

A Felipe III sucedeuno Felipe IV, fillo de Felipe III e súa prima Margarita de Austria, subíu ó trono con 16 anos e reinou 44 anos que significaron a decadencia e a desmembración do imperio.
Abúlico deixou o goberno nas mans do conde-duque de Olivares.
Pérdidas territopriais nos século XVII


O primeiro gran erro de Olivares foi non prorrogar a tregua dos doce anos cos holandeses ó mandarlle a Spínola atacar, conseguíu a victoria e a rendición de Breda, inmortalizada por Velázquez:

Pero a longa loita perxudicou ó reino ata mesmo nas colonias.
Na guerra con Francia perdíuse a Valtelina, que comunicaba cas posesión en Italia.
Intervíuse no preito sucesorio do Ducado de Mantua guerra inútil na que se perdíu forza e prestixio.
Con Inglaterra rómpense as relacións por mor do fracaso do matrimonio do príncipe de Gales con María, irmá de Felipe IV, polo que o xa rei Carlos I enviou unha frota contra Cádiz, aínda que foi rechazada, pero Carlos fixo constantemente política antihespanha.
Continuouse loitando na Guerra dos trinta anos comezada no reinado de Felipe III por protexer a rama austríaca imperial e máis por motivos relixiosos, pola que Francia ocupou o Rosellón, as forzas navales foron vencidas polos holandeses que impedían comerciar cas colonias e conquistaron Java, Sumatra, Molucas, Malaca e varios portos da India, polo que os portugueses se sublevaron, así coma Cataluña, Vizcaia, Andalucía...polo que o rei lle dou permiso á Olivares para que se retirase. Sucedeuno outro valido: Luís de Haro, sobriño de Olivares,
As tropas sufriron a derrota de Rocroy(1643) e os franceses apoderáronse de varias prazas e obrigaron a paces moi perxudiciais.

A Felipe IV seguíuno Carlos II, último dos Austrias, con 4 anos, polo que asumíu a rexencia Mariana de Austria asistida por unha Xunta de Goberno.
Neste reinado recoñecíuse a independencia de Portugal, Luís XIV de Francia apóderase das prazas de Flandes e do Franco Condado e obriga a firmar a paz de Aquisgrán (1668)
Ós 14 anos debía asumir o goberno pero o seu raquitismo corporal e espiritual deixou as cousas como estaban: a nai reina e os seus "validos" seguiron malgobernando.
Seguíuse a guerra con Francia que producía un descalabro tras doutro e o enseñoramento de Luís XIV que se dedicou a atentar contra varios países polo que se formou a Alianza da Haia, na que se entrou con Holanda, Suecia e o emperador de Alemania e máis tarde Inglaterra, Saboia e o Papa Inocencio XI. Luís Tomou Barcelona (1694) pero na paz de Ryswick (1697) devolvíalle as prazas tomadas xa que Luís XIV quería que o seu neto fora sucesor de Carlos II, que non tiña sucesores de ningún dos dous matrimonios polo que deixou de sucesor ó neto de súa irmá Mª Tareixa e de Luís XIV de Francia Felipe de Anjou, co nome de Felipe V(1700).
A morte de Carlos II sin sucesión provocou a Guerra de Sucesión(1701-1713 aínda que en Cataluña durou ata 1714 e en Mallorca ata 1715) que sería a causa da pérdida de Xibraltar e de Mallorca e o reinado de Felipe V, primeiro Borbón que realmente non gobernou nunca, foi un xoguete das influencias francesas, mesmo en 1724 abdicou no seu primoxénito Luís I que só reinou 8 meses (de xaneiro ata agosto de 1724) ó morrer Luís de viruelas e ter que volver ó trono Felipe V, aínda que realmente quen gobernou sempre foi a súa esposa Isabel de Farnesio, como antes fixera a súa primeira esposa Mª Luísa de Saboia.
No tempo de Felipe V seguíronse a perder posesións en Europa: Flandes, Milán, Nápoles, etc., os ingleses asaltaron Vigo, Santoña e outros portos.
Isabel de Farnesio preocupouse sempre polo ben dos seus fillos en perxuicio do reino.
Os últimos gobernantes do seu reino, Patiño, Campillo e Ensenada foron homes intelixentes e honorables que organizaron a facenda e propulsaron a riqueza.

A Felipe V seguíuno seu fillo Fernando VI, fillo da primeira esposa, Mª Luisa de Saboia, polo que mentras foi príncipe vivíu sometido a opresión de súa madrastra Isabel de Farnesio porque lle trabucaba os plans que a Farnesio tiña para os seus fillos. Subíu ó trono en 1746 con 35 anos. Posiblemente sexa, con Carlos III, o menos malo dos reis anteriores e posteriores, o seu reinado coincide cunha pequena prosperidade.
No seu reinado comezou en Galiza (1750) a irrupción dos fomentadores cataláns co que o sector pesqueiro galego sufríu importantes cambios estructurais.
Herdou a guerra de Sucesión con Austria e tan pronto como puido adheríuse á paz de Aquisgrán (1748). Rodeouse de bos ministros: Carvajal e Ensenada. No Ministerio de Carvajal creouse o arsenal de Ferrol. Morríu sin fillos e sucedeuno o despotismo ilustrado de Carlos III

Carlos III, irmán por parte de pai de Fernando VI, fillo de Felipe V e Isabel de Farnesio. Subíu ó trono (1759) ós 43 anos e reinou 25 anos. Era moi traballador, metódico e virtuoso e sóubose rodear de bos ministros.
Tivo guerras con Inglaterra (que conquistou A Habana e Manila) e con Portugal. 
Pola paz de París de 1763 os ingleses devolven A Habana e Manila, pero cedéuselles Florida e as terras ó O. e ó E. do Missisipe namentras Francia ofrecéulle a Carlos Luisiana.
Pola paz de San Idelfonso fixo as paces con Portugal (1777) polo que recibía Sacramento, Annobón (no golfo de Guinea) a cambio de territorios que se agregaron ó Brasil.
Uníuse a Luís XVI de Francia para apoiar ós colonos de América do Norte (que se sublevara en 1764), o que o levou a outra guerra contra Inglaterra. Non conseguíu recuperar Xibraltar, pero sí Menorca, Florida e Honduras. Esta hostilidade acaba ca paz de Versalles.
Modernizou e reglamentou o exército. Moitas normas do exército de Carlos III aínda prevalecían no século XX.

A Ilustración na Galiza

Movemento cultural que tratou de iluminar a sociedade cas luces da razón.

A maioría dos ilustrados galegos beberon nas fontes de Lucas Labrada, Bermúdez de Castro e Hervella de Puga.

Destacan Benito Jerónimo Feijoo e o Pai Sarmiento.
Feijoo escribíu: Teatro Crítico Universal, Cartas eruditas e curiosas.
Sarmiento tratou temas moi diversos, lingüística, botánica, crónica de indias, etc., en vida só publicou Demostración crítico-apologética del Teatro Crítico Universal. Deixou miles de páxinas escritas, destacando os seus anceios científicos e a defensa intensa do idioma galego.
Andrés Cornide Saavedra destaca sobre todo por Memoria sobre la pesca de la sardina en la costa de Galicia. Son importantes os seus traballos xeográficos.

Idade Contemporánea

En Galiza destaca o estancamento agrario e o desartellamento do sistema productivo e o fracaso dos primeiros intentos innovadores.
É a partir do século XVII que certos sectores doutrinales se mostran a favor da renovación forzosa dos foros a favor dos seus anteriores levadores o que deu na "polémica dos despoxos" que culminaría ca Real Provisión de Carlos III (1763), un triunfo dos intermediarios fronte ós titulares de dominio directo (maioritariamente mosteiros) xa que mutava a relación contractual en perpetua imposibilitando que os propietarios de dominio directo accederan á total propiedade da terra. Váise pasando do pagos dos foros en procentaxe de colleita á de rendas fixas en diñeiro.
Como resultado da Desamortización de Mendizábal, a nacionalización dos bens da Igrexa non supuxo a transferencia ó Estado das fincas de libre disposición, senón do dereito de percibir unha renda. Os titulares das rendas son os burgueses, fidalgos, funcionarios, etc. que mercaron os títulos. A Lei de Madoz de 1855 sí favorecíu a redención dos foros en beneficio do cultivador.
O desacougo co modelo político, económico e social imperante transformase nas revoltas campesiñas que se espallan por toda Galiza.
A prensa galega ten un auxe no período isabelino destacando La Opinión Pública(Monterio Ríos), El Porvenir(A. Faraldo), El Miño(Murguía), El Restaurador(Linares Rivas), El Faro de Vigo, El Correo de Lugo.
Pero consolídase na Restauración: O Tío Marcos da Portela(1876)La Voz de Galicia(1882), El Noroeste(1896), El Miño(1898), El Progreso(1908), La Región(1910), El Ideal Gallego(1917), La Zarpa(1921), etc.
Da Academia Literaria de Santiago síron nomes coma os provincialistas Verea y Aguiar, Romero Ortiz, Neira de Mosquera, Tiburcio e José Faraldo, os Antolín, José Puente, etc.
Curros Enríquez e Saralegui Fco. de la Iglesia denuncian o retraso da chegada do ferrocarril e as malas comunicaccións por estrada.

A Carlos III seguíuno Carlos IV, fillo de Carlos III e María Amalia de Sajonia. Pouco máis fixo que cazar, sería súa prima e esposa María Luisa de Parma que leve as rendas do reino, que lle daría á corte un sobresaído aire de frivolidade ca axuda da duquesa de Alba, froito de de este ambiente xurdíu Godoy, que se decía era amante de María Luísa, que sería 1º ministro.
Durante os anos 1793 ata 1795 por mor do espíritu relixioso e o sentimento monárquico éntrase en guerra contra a Convención da República francesa desastrosa para o reino, pois aparte das mortes e a penuria económica perdéronse as prazas de Irún, San Marcial, Fuenterrabía, Pasajes, Figueres, e os franceses ocuparon Bilbao, e Victoria e chegaron ata Miranda. Á vista dos fracasos Godoy aceptou a paz de Basilea de 1795 pola que Francia nos restituía tódalas prazas conquistadas a cambio da parte hespañola da isla de Santo Domingo e autorizábase a Francia durante seis anos de sacar de Andalucía iegüas, cabalos e ganado lanar. Este tratado foi compensado pola monarquía concedendolle a Godoy o título de Principe da Paz no canto de destituílo. Os Borbóns que sempre miraron pola nai Francia chegaron a un pacto ofensivo-defensivo ca esperanza de poñer no trono francés un Borbón. Por este pacto declaróuselle a guerra a Inglaterra na que se obtuvo unha derrota desastrosa(Nelson era o almirante inglés) aínda que se conseguíu parar o ataque en Cádiz. Os ingleses fracasaron no seu ataque a Ferrol, pero en América conquistaron Trinidad. 
Nas negociacións de paz, Francia e Inglaterra non aceptaron a Hespanha e os franceses procuraron a caída de Godoy, cousa que sucedíu porque a raíña xa estaba encariñada co guardia de Corps Mallo.
Napoleón impuxo a destitución do ministro Urquijo e elevou a Godoy(que era presidente de Gabinete) co que firma tres tratados tiránicos contra Hespanha:
1 En 1801 obedecendo a Napoleón Godoy declaroulle a guerra á Portugal (do 20 de Maio ó 6 de Xuño) que pedíu a paz pola que quedou contenta Francia e Hespanha conseguíu Olivenza.
2 En 1803 Napoleón obriga a Godoy a firmar un tratado de "neutralidade" no que Hespaña se comprometía a pagarlle 6 millóns mensuales.
3 Napoleón e Godoy firman un "Convenio de alianza",e rompíuse con Inglaterra polo que as escuadras franco-espanholas eran derrotadas en Finisterre e Trafalgar.
A "amizade" de Godoy con Napoleón dáballe esperanzas a Godoy de reinar en Hespanha ou nun estado entre Hespanha e Portugal. Pero as pretensións de Napoleón eran conseguir diñeiro, homes e a adhesión de Hespanha ó bloqueo continental, todo o que é concedido moi agradablemente por Godoy.
Carlos IV permitíu o destronamento de seu irmá e consogro da coroa de Nápoles que pasou a mans de José Bonaparte.

A guerra de Independencia(1808-1814)

Godoy firmou no tratado de Fontainebleau(1807) a traidora alianza na que se acordou que 28.000 soldados franceses poderían cruzar Hespanha para dirixirse a Lisboa e desposeer ó príncipe rexente Xoán de Portugal(que estaba casado ca filla de Carlos IV, Carlota Joaquina). Portugal dividíase en tres partes:
1 A do norte, reino de Lusitania, para os desposeídos reis de Etruria.
2 A central reservaba Napoleón para cambiala por Xibraltar, Trinidade e outras colonias conquistadas polos ingleses.
3 A do sur "Principado do Algarve" que heredaría Godoy.
As tropas francesa entraron na península, pero só uns poucos se alarmaron, e apoderáronse de Pampolona, Barcelona, etc., e o futuro Fernando VII (a escondidas de seu pai Carlos IV) solicitoulle a Napoleón protección e a man dunha princesa da súa familia, aínda que fose política. Fernando co, consello do canónigo Escóiquiz, e contra seu pai, aireou o vergoñento proceder amorosa de súa nai.
Fernando foi reprendido e desterrados os seus cómplices. Fernando obtuvo o perdón e nunha carta cobarde e vil suplicaba: "Mamá, me arrepiento del horroroso crimen que he cometido contra mis  padres y soberanos, y pido con la mayor humildad que se digne V.M. interceder con papá para que permita a su hijo agradecido ir a besar sus reales pies"
As tropas franco-hespanholas pronto se apoderaron de Portugal(1807) e a familia real lusa tivo que fuxir a Brasil.
Napoleón esixíu un camiño militar desde Francia a Portugal ou a fronteira na liña do Ebro mentras Murat, seu lugartenente e cuñado, acercábase cun exército a Madrid.
Carlos, cos seus, pretende fuxir a América e o pobo alporízase. Godoy é destituído e a furia popular levántase (Motín de Aranjuez, 19-III-1808) e Carlos IV tratando de salvarse abdica no cobarde do seu fillo Fernando VII.
Con todas estas Napoleón xa tiña 100.000 soldados na península e as prazas de Barcelona, Figueras, San Sebastián, Burgos, Valladolid, etc. co que a invasión consumárase e o mellor da nosa marina perdérase en Trafalgar(1805) e o exército estaba destrozado das guerras contra a República francesa.
O novo rei Fernando VII no canto de agradar e defender ós seus vasallos buscou o recoñecemento dos invasores e Fernando partíu ó encontro de Napoleón, como este lle pedira, pero Napoleón non cruzara a fronteira cousa que fixo Fernando ata Baiona, a onde chegaron uns días máis tarde seus pais co mesmo desexo: ser apoiados por Napoleón.
Napoleón conseguíu que Fernando lle devolvese a coroa a Carlos, o cal escribíu a vergoñenta acta de abdicación a favor de Napoleón.
Mentras Carlos e Fernando facían deixadez das súas funcións, con deshonor e cobardía, o pobo "canalla y la plebe" rebelábanse en Madrid contra o invasor, cousa que os seus reis e os seus nobres non se atreveron a facer.
O Consello da Rexencia deixado por Fernando ó ausentarse obedecía as ordes de Murat.
O 2 de maio de 1808 o pobo de Madrid loita con desventaxa e moito coraxe contra o exécito franco-español de Murat. O capitán Velarde, o tenente Ruiz e un puñado de oficiales e soldados uníronse ó pobo e loitáron con especial valentía. Goya plasmou moi ben nos seus lenzos os tráxicos sucesos

Mentras Napoleón "obrigaba" a seu irmá José Bonaparte a acudir a Hespanha para ser coroado rei ca connivencia do Consejo de Castilla e a Junta Central. Acuden a recibilo a Baiona catro diputacións:
1 Os grandes de Hespanha.
2 O Consejo de Castilla.
3 O consejo da Inquisición, Indias y Hacienda.
4 O exército co duque do Parque á cabeza.
Estas 4 diputacións mandaron proclamas ó pobo para que desistiran da súa resistencia e o mesmo Carlos IV, que abdicara do trono a favor de Napoleón, lles dirixía un escrito no que decía que a súa abdicación era: "la última prueba de su paternal amor" ós seus súbditos e acatasen as órdes do seu caro amigo o Emperador Bonaparte, de depoñer as armas e aceptar a Napoleón. As noticias dos asesinatos franceses e a valente defensa do pobo madrileño expandíuse rapidamente pola península.
O pobo formou guerrillas que xunto cos exércitos regulares aliados dirixidos polo duque de Wellington, Arthur Wellesley, provocaron o desgaste dos exércitos napoleónicos. A poboación civil foi a que máis sufríu os efectos da guerra, os dous exércitos se dedicaron a saquear e ó pillaxe desvastando a industria hespanhola.
Foi singular a batalla de Bailén(19-VII-1808), cuia victoria dos peninsulares  provocou a evacuación de Portugal e a retirada francesa ó norte do Ebro.
La Rendición de Bailén. José Casado del Alisal

A victoria de Bailén extendíuse por toda a península e perdíuselle o medo á invicta forza napoleónica. Napoleón tivo que acudir con un novo e numeroso exército a Grande Armée. Pero tivo que retirar efectivos por mor da campaña rusa e as victorias da guerrilla popular e os exércitos aliados provocaron o Tratado de Valençay no que era restaurado o cobarde e traidor Fernando VII.
A guerra tivo consecuencias funestas:
300.000 mortos.
Desvastación.
Bancarrota do estado.
Pérdida de patrimonio cultural
Debilidade internacional do país.

No que respecta a Galiza os comandantes franceses Soult e Ney non entran en Galiza ata xaneiro de 1809, pero en menos dun mes dominan practicamente toda Galiza unha vez que o británico Moore morre na Coruña intentando embarcar para Inglaterra e o Marqués de la Romana fuxe co restos do exército polo que os invasores e os afrancesados copan os postos de mando nas administracións. Pero o pobo comeza a organizar a resistencia e proliferan as xuntas locais amparadas baixo a Xunta Suprema de Galiza(con sé na Coruña), casi sempre dirixidas por un fidalgo ou un clérigo, moitas veces movidos porque vían perigar os seus privilexios. Estas xuntas locais actuaron con total independencia, e pronto aparecen as guerrillas de campesiños dirixidas por militares, fidalgos ou cregos. Pararon ó poderoso exército que campou as súas anchas por Europa. En xuño de 1809 as tropas francesas abandonan Galiza.
As ideas liberais francesas foran calando nos mandos con máis xuventude do exército galego e a noite do 17 ó 18 de setembro de 1815, o Mariscal de Campo Díaz Porlier érguese co exército da Coruña co fin de restaurar a constitución e implantar as liberdades políticas, pero non foi apoiado polas forzas militares comprometidas e os exércitos absolutistas encadeárono e condenárono a morte e foi aforcado o 3 de outubro de 1815, ó 26 anos.

Perante a guerra tivo lugar a Constitución de Cádiz:
É conocida pola Pepa porque foi promulgada o 19 de marzo de 1812, día de San Xosé.
É a primeira constitución promulgada en Hespanha
Oficialmente estivo en vigor dous anos ata o 4-IV-1814, tras o regreso de Fernando VII. Volvíuse a aplicar perante o Trienio Liberal(1820-1823) e nun breve período entre 1836-1837 mentras se preparaba a Constitución de 1837.

Trienio Liberal (1820-1823)
O 1-I-1820 o coronel Riego, que recibira a órde de ir reprimir ós insurxentes das colonias americanas, levántase cun pronunciamento militar e proclama a Constitución de Cádiz(1812) e o restablecemento das autoridades constitucionais.
As contínuas disensións internas, o fustigamento dos leais de Fernando VII e a intervención da Santa Alianza (Prusia, Rusia, Austria e Francia) que acude na axuda do felón Borbón cos Cen Mil Fillos de San Luís, con Luís Antonio de Borbón ó fronte ponlle fin ó Trienio Liberal e dalle paso á Década Ominosa. Riego morríu aforcado o 7-XI-1823.

Década Ominosa (1823-1833)
A reposición no trono de Fernando VII e o absolutismo obrigóulle a casi todos los intelectuais de Hespanha a abandonar o país. Os que quedaron tiveron que "cambiar de mentalidade" ou foron axustizados e marxinados.
O exército francés dos Cen Mil Fillos de San Luís quedou uns anos en Hespanaha pagado cos impostos que coma unha sambesuga Fernando sangraba á un país en bancarrota e atemorizado polos Voluntarios Realistas, partidarios da alianza altar-trono. Perdíuse o tren da Revolución Industrial e foron executados inocentes coma Mariana Pineda.

Fernando VII tivo 4 esposas:
1 María Antonia.
2 Isabel.
3 María Josefa Amalia de Sajonia.
4 María Cristina, nai de Isabel II

O 31 de marzo de 1830 publícase a Pragmática Sanción (aprobada por Carlos IV en 1789, pero non promulgada) que permite a sucesión feminina ó trono polo que son truncadas as aspiracións do irmá do rei, Carlos, co nacemento de Isabel II e que dará paso á 1ª guerra Carlista.


Isabel II
En 1833 María Cristina faise cargo da rexencia e tutoría da súa primoxétina Isabel II, que tiña 3 anos. Exercíu ata 1840 en que tivo que renunciar. Estes 7 anos están marcados polas guerras carlistas, loitas políticas, cambios de goberno e sublevacións. Todo esto e os amores con Fernando Muñoz fixo que perdera o fervor do pobo.
Os hespanhois axítanse entre o tradicionalismo e as novas tendencias que estaban a dar bos resultados noutros países de Europa. 
Os tradicionalistas elixen por soberano ó infante Carlos María Isidro, irmá de Alfonso VII.
A rexente María Cristina puxo de Presidente do Goberno a Cea Bermúdez, que manifestou non admitir inovacións perigosas.
Pronto os absolutistas se rebelaron e mezcláronse en Vascongadas e Navarra cos que defendían a cuestión dos "fueros" dirixidos por Zumalacárregui que defendía a Don Carlos, a relixión e os fueros, dando lugar a 1ª Guerra Carlista. Pronto a insurrección se estendíu a Burgos, Aragón e Cataluña. As loitas entre absolutistas e isabelinos son constantes.
En Galiza, Carlos fai un chamamento á rebelión dende Portugal que fracasa no seu intento de facer de Lugo a capital da "liberada" Galiza. O fracaso do carlismo en galiza foi debido á falta de apoio popular. Aínda que se desembolveron guerrillas carlistas polo Baixo Miño, Ribeira Sacra, Samos, Sarria, Arzúa, Terra de Montes, etc.

Suprimíuse a compañía dos jesuítas.
Efectuouse a amortización de Mendizábal.
Elaborouse a Constitución de 1837, que establecíu dúas cámaras: Congreso e Senado.
Espartero vence e persigue ós carlistas. Espartero consigue facerse o home forte política e militarmente e obliga a María Cristina a facer unha correxencia, María Cristina renuncia a rexencia decindo: " Espartero, te confío el cuidado de mis hijas y la defensa del trono" 
A rexencia de Espartero dura de 1841 a 1843.
Unha coalición de xenerais progresistas e moderados formada por Prim, Miláns del Bosch, Serrano, Concha e Narváez derrocan a Espartero, que fuxe a Inglaterra.
A victoria aprovéitana os moderados formando un goberno provisional que anticipou a maioría de idade de Isabel II que tiña 13 anos.
Entre os sucesos máis importantes do seu reinado destacan:

  • Intento revolucionario para proclamar a república dirixido por Sixto Cámara. Fracasa e Sixto morre de fame e sede nos campos de Extremadura.
  • A Unión Liberal de 1853-1863. Tivo un notable desarrollo económico e moitas obras públicas nos primeiros cinco anos con O'Donnell ó fronte. 
  • A Guerra de África (1859-1860). Pola que se lle declaraba a guerra a Marrocos por mor de que unha tribu desfixo un escudo labrado nunha rocha da fronteira e destruíron unhas "fortificacións". Producíronse varios enfrontamentos, con máis coraxe ca tácticas de guerra, que en xeral se decantaron do lado hispano. O máis importante foi o de Wad-Ras, no que a victoria hispana obrigou a Marrocos a pedir a paz e no Tratado de Tetuán Hespanha amplía os territorios de Ceuta e Melilla, Marrocos  reconoce a soberanía de Hespanha sobre Chafarinas e a indemníza con 100 millóns de pesetas, Sidi Ifni pasaba a ser hispano e Tetuán quedaría baixo a adminstración hispana namentras Marrocos non pagase a débeda. Na Guerra de África foi destacado o comportamento valeroso de Prim.
  • A intervención en México. Nas loitas internas que mantiñan Juárez e Miramón interfiren Hespanha, Francia e Inglaterra. Francia ca intención oculta de impoñer ó archiduque Maximiliano e Hespanha a un infante hespanhol. Prim ó ver o poderío de Juárez firmou con él a Convención de Soledad(1862) e dacordo cos ingleses retiráronse. Este acto non lle gustou nin a Napoleón III de Francia nin a O'Donnell, pero tivo que tragar o enfado ante a defensa e loanza que lle fixo a raiña Isabel II.
  • A anexión de Santo Domingo que comezou cando o presidente dominicano Santa Ana izou a bandeira hespanhola(18-III-1861) e O'Donnell declarou incorporado o territorio a coroa(19-5-1861). Os inimigos de Santa Ana loitaron pola independencia o que levou a unha guerra longa e costosa, polo que se acordou o abandono, gobernando xa Narváez, en maio de 1865. O tratado de paz Pareja-Vivanco(25-I-1865) puxo fin a contenda, pero orixináronse varios motíns e revoltas que deron paso á guerra do Pacífico contra Perú, Chile, Ecuador e Bolivia.
  • Guerra do Pacífico(1865-1866). Unha guerra que puido terse evitado facilmente cun pouco de diplomacia. O almirante Pareja rompíu as hostilidades e os chilenos apresaron a fragata Covadonga, polo que os almirante se suicidou. Méndez Núñez púxose ó fronte da escuadra hispana e contra o consello e a disuasión das potencias europeas dispúxose a atacar Valparaíso contestándolles que si interviñan sería considerados coma inimigos e di a que se fixo famosa frase: "Hespanha quiere más honra sin barcos, que barcos sin honra"(Esta é a orixe desa frase e non coma moitos dan a entender que foi no desastre da Armada Invencible). Despois do bombardeo e por intervención de Estados Unidos, Inglaterra e Francia chegouse a paz.
Revolución de 1868-1874 ou A Gloriosa comandada por Topete, Prim, Serrano e os xerais desterrados en Canarias no que as tropas de Isabel confraternizaron cas revolucionarias polo que a veleidosa Isabel II fuxía a Francia despois de 35 anos dun reinado pouco afortunado.
En Galiza, o 20 de setembro a Mariña súmase á revolución e sublévase en Ferrol dando paso ás xuntas revolucionarias, que aínda que estaban nutridas por moitos republicanos eran controladas polos sectores conservadores polo que as súas proclamas e medidas son moderadas e non van máis alá do desestanco do sal e a abolición do imposto de consumos. Aínda que os grupos republicanos aprobeitan o descontento para fomentar revoltas campesiñas en Pontedeume, Monforte, Chantada, Quiroga, Maceda, etc, que piden a supresión de quintas e algunhas contribucións, e proclaman a Republica en Ferrol en outubro de 1872, aínda que sabían do fracaso da que proclamaran en Ourense en 1869. A condena destes feitos polo propio Pi i Margall leva ós dirixentes republicanos galegos a obrar independentemente constituíndo o partido republicano-federal galego.


Goberno Provisional, 1869: Figuerola, Sagasta, Ruiz, Zorrilla, Prim, Serrano, Topete, López de Ayala, Romero Ortiz e Lorenzana. Foto de Laurent

O espíritu revolucionario carecía dunha dirección forte e clara. Ó principio as Cortes rechazaron o concepto dunha república para Hespanha e Serrano era nomeado rexente mentras se buscaba un monarca. Escribíuse unha constitución de corte liberal na que se establecía a monarquía como forma de goberno: a Constitución de 1869, cuios principales puntos eran:
- Soberanía nacional.
- Sufraxio universal para varóns maiores de 25 anos
- Poder executivo do Consello de Ministros.
- Poder Lexislativo das Cortes: Congreso e Senado elexidos polo             corpo electoral.
- Poder xudicial reservado ós tribunais
- Longa declaración de dereitos, recoñecendo por 1ª vez o de asociación e reunión.
- Liberdade de cultos relixiosos.     
Na búsqueda dun candidato a rexente había moitos intereses: desbotada a opción dos Borbóns con Alfonso(fillo de Isabel II e Francisco de Asís), que posteriormente sería Alfonso XII, e temendo que fose influenciado por súa nai e cometese os mesmos erros quedaban como candidatos:
-O duque de Montpensier, casado ca irmá de Isabel II, patrocinado por Serrano, pero vetado por Napoleón III e os progresistas que quedou descartado ó matar en duelo ó prícipe Enrique.
-Fernando de Sajonia-Coburgo, antigo rexente de Portugal.
-Leopoldo de Hohenzollern, proposto por Bismarck co conseguinte   rechazo de Francia que enviou o famoso Telegrama de Ems, que sería a excusa da Guerra Franco-Prusiana.
-Amadeo de Saboia, fillo do rei de Italia Víctor Manuel II.
O elixido foi Amadeo que só reinou dous anos e catro meses, entre 1870 e 1873.
O 30 de decembro de 1870 morre a causa dun atentado Prim, polo que Amadeo quedou eivado dun grande apoio e mellor conselleiro xa que nin coñecía o país, nin a lingua nin as institucións.
Amadeo de Saboia tiña cualidades para ser un bo rei, pero a situación era difícil, a nobreza apartouse da Corte e conspirou en favor do príncipe Alfonso, os carlistas repudiábano por liberal, o pobo considerábao un intruso, algúns militares e a igrexa negáronse a xurarlle fidelidade, comezaba a guerra separatista de Cuba(1869), e as disensións entre Sagasta(constitucional) e Ruiz Zorrilla(radical) complicáronlle máis o reinado.
Comeza a 2ª guerra carlista ca entrada no país do seu candidato Carlos VII.
O rei ante o pronunciamento federal de Ferrol e os moitos problemas, desaires, burlas e a "cuestión dos artilleiros"(que se negaron a obedecer ó xeneral Hidalgo por consideralo responsable da morte duns oficiales en 1866) presenta a abdicación(6-II-1873) polo que se proclamou a República(1873-1874) sin derramamento de sangue, pero non chegou ós once meses de vida dadas as divisións entre republicanos, as sublevacións cantonais dos federalistas, as conspiracións monárquicas, a guerra carlista, e as dificultades no exterior e nas colonias.
Pi i Margall quería unha república federal, Castelar unitaria e conservadora, Salmerón, radical e unitaria, Pavía militar.
Estanislao Figueras fíxose cargo da presidencia do Poder Executivo formando unha coalición que abolíu a escravitude en Porto Rico, suprimíu títulos nobiliarios e disolvíu as Ordes militares. As guerras carlista e de Cuba, a anarquía imperante e a indisciplina do exército fixeron que Figueras fuxira a Francia.
Sucedíuno Pi i Margall(11-VI á 18-VII-1873) pero as guerras de Cuba e carlista, a anarquía dos exécitos, e que Cartagena, Sevilla, Málaga, etc, se convertiran en cantóns independentes apoiadas por parte do exército fixeron que dimitira.
Seguíno Nicolás Salmerón(18-VII á 7-IX-1873) que conseguíu manter a raia ós carlistas, castigou os desordes, e acabou ca sublevación cantonalista, pero antes que firmar algunhas penas de morte contra ós militares sublevados e manter así a disciplina, dimitíu.
Púxose ó fronte Emilio Castelar(7-IX-1873 á 2-1-1874), combatíu ós carlistas, vencíu ós cantonais de Cartaxena, reorganizou o Corpo de Artillería, mantivo a disciplina do exército, establecíu o servicio militar obrigatorio, pactou ca Santa Sé, resolvíu diplomáticamente o caso do apresamento do buque Virxinia(Estados Unidos) que levaba munición ós insurrectos de Cuba. Acusárono de inclinarse á dereita e ante a derrota nunha votación de confianza do Parlamento, dimitíu o 3-I-1874. O Xeneral Pavía ordenou asaltar o Congreso e disolvíuno acabando co réxime republicano.
En Galiza é significativa a loita pola redención dos foros con homes coma Paz Novoa(1873), Montero Ríos(1886), Vicenti(1907).
Perante a Revolución Gloriosa de 1868 reagrupáronse moitos concellos coma o de Buxán con Trazo dando coma resultado Portomouro coma cabeza de agrupación.


Suprimíronse as garantías constitucionais, disolvéronse as cortes( ca promesa de convocalas cando o país estivera "pacificado"), separouse o cargo do Poder Executivo(xeneral Serrano) do de Presidente do Consello(xeneral Zabala que tivo que dimitir polos fracasos na guerra carlista).
Conseguíuse vencer ós carlistas tras varias derrotas. Mentras os Borbóns e seguidores trataban de restauralos no trono, pero o Goberno ordeou desterralos a outras provincias, e aínda así seguiron conspirando e ganando adeptos coma Cánovas del Castillo.
A dictadura militar do xeneral Serrano foi o prólogo da Restauración borbónica que apoiaban casi tódolos militares e que puxeron no Trono a Alfonso XII o 29-XII-1874).

Alfonso XII tiña 17 anos cando foi proclamado. Reinou dez anos no que se conseguíu a fin das guerras carlistas e se elaborou a Constitución de 1876. De saúde delicada, era amigo de vivir compenetrado co pobo, polo que se lle añadiron moitos simpatizantes. De súa nai Isabel II herdou a capacidade amorosa e tivo varios amores. Casou o 23-I-1878 con súa prima María de las Mercedes, pero quedou viúvo ós sete meses e, por "razóns de estado" casou ós sete meses ca archiduquesa de Austria, María Cristina, ca que tivo tres fillos: Mercedes, María Teresa e o póstumo Alfonso XIII.
O home da Restauración é Antonio Cánovas del Castillo.
Os insurrectos cubanos depuxeron a súa actitude, ca actitude conciliadora de Martínez Campos, da que foi chamada guerra dos dez anos por medio do convenio de Zanjón(1878) que puxo paz ata un ano despois que estallou a guerra chiquita, que foi vencida doadamente.
Outro home da Restauración é Sagasta que lle da un tono máis liberal ó seu goberno co acercamento dos repúblicanos, Montero Ríos, Moret, Canalejas, etc., devolvendo a liberdade de prensa e de cátedra, indultando ós que cometeran "delito de Prensa", autorizou reunións e banquetes de toda cor político, creo cátedras para homes de ideas avanzadas como Castelar, Montero Ríos, Moret, Salmerón, etc., a pesar da prensa conservadora e da Unión Católica. 
É de destacar as revoltas andaluzas dos proletarios desesperados polas condicións de propiedade na que se encontraban e organizaron as asociacións secretas El tribunal Popular e La Mano Negra que sembraron o terror con incendios, homicidios, roubos, etc. e foron reprimidos con rigor, cárcere e condenas a morte(15). Co mesmo rigor foron sofocados focos republicanos en Valencia, Cataluña, Badajoz e A Rioxa.
O 25-XI-1885, consumido pola tuberculosis,  morría con 28 anos Alfonso XII, asumindo a Rexencia a súa viúva María Cristina.

En Galiza salienta o auxe da emigración e a loita pola redención do sistema foral, mentras un sector(Pardo Bazán) se amosaba partidario da reversión en favor dos propietarios do directo, outro(Montero Ríos, Paz Novoa) defendían o dereito dos cultivadores a convertirse en propietarios plenos a cambio dunha indemnización(redención).
No último cuarto de siglo chega, serodiamente, o tren a Galiza que aínda que noutros sectores foi positivo, aséstalle un duro golpe á industria de productos téxtiles galegos ó non ser quen de aplicar as transformacións derivadas da revolución industrial e os productos cataláns captan o mercado, aínda que abriron varias factorías(1873) de productos derivados do algodón coma as de Xubia, La Arzuana de Vilasantar, La Primera coruñesa, etc, especializados en tecidos baratos.
O esgotamento dos xacimentos de ferro e a escaseza de carbón vexetal son as causas da decadencia da industria siderúrxica.
Medran, sin embargo, a industria conserveira, o ferrocarril, as eléctricas e a banca.
A burguesía e o clero fortalécense.

María Cristina, recibe un país con carlistas e republicanos ó axexo, insurreccións nas colonias, odios, e dúas nenas de cinco e tres anos e un embarazo do que sería Alfonso XIII, e sin apoio político.
O primeiro presidente do Goberno foi Sagasta.
O 10-V-1886 nacía o fillo póstumo de Alfonso XII e María Cristina: Alfonso XIII.
As Cortes nos cinco primeiros anos elaboraron a lei de asociacións, a lei orgánica da xurisdición contencioso-administrativa, a lei do xurado, a de sufraxio universal, a de ferrocarriles secundarios, a legalidade do matrimonio civil, a de liberdade de conciencia, etc., creouse a Liga Agraria, establecíuse o servicio militar obrigatorio, reducíronse as capitanias, etc.
En 1890 ocupa a presidencia o conservador Cánovas ata 1892 en que Sagasta constituíu o Gabinete chamado de notables(Montero Ríos, Gamazo, Armijo, Maura, etc.).
Foi a época dos atentados anarquistas contra Martínez Campos e o do Teatro do Liceo con dúas bombas que causaron 18 mortos.
Foi significativa a guerra de Melilla(1893-1894) que desgastou as tropas que pronto terían que se enfrentar a Estados Unidos pola guerra de Cuba e Filipinas. A guerra non foi contra Marrocos, senón contra as tribus que rodeaban Melilla.

A Independencia de Cuba
As guerras que levan a Independencia de Cuba sóense dividir en 4 etapas:
1.- Guerra dos Dez Anos(1868-1878). Cuba estaba atravesando unha crisi e Hespanha impoñía altos impostos e un ríxido control comercial que non revertían en Cuba, moitos dereitos do cidadán hespanhol non se tiñan na illa(non había liberdade de prensa, nin de reunión, nin se podían formar partidos políticos, etc.), aínda existía a escravitude, etc.
Remata co pacto de Zanjón que establece a capitulación do Exército Independentista Cubano.
2.- Guerra Chiquita(1879-1880). O descontento, insatisfacción e incumprimento das promesas do Pacto de Zanjón, foron as causas. Nesta guerra iniciouse Martí coma dirixente cubano.
3.- Guerra de Independencia cubana(1895-1898)
O 24-II-1895 José Martí lanza o grito independentista en Baire. Tivo grande importancia Martí nesta guerra aínda que morríu ó pouco de comezar(19-V-1895). Él foi o incitador e estratega co apoio de Maceo que morríu tamén pronto(7-XII_1896), nunha emboscada. Expandida a guerra e as victorias cubanas obrigan a destituir a Martínez Campos e é nomeado responsable Weyler, que levaría a cabo unha guerra atroz, co encerro en campos de concentración do camnpesinado donde se calcula que morreron uns 100.000 cubanos debido á fame e ás enfermidades. Pero pese a inferioridade os cubanos cunha guerra de guerrillas desgastaron ó exército hespanhol, polo que Weyler é destituído.
4.- Guerra hispano-estadounidense
Estados Unidos reclama que a guerra afecta ós intereses e esixíulle a Hespanha reformas para chegar á paz, déuselle autonomía a Cuba e outras medidas políticas, pero os cubanos dixeron que xa era tarde e non pararían ata alcanzar a independencia. O acorazado ianqui Maine explotou na baía polo que EEUU acusa a Hespanha de agresión e decláralle a guerra. Hespanha sucumbe ante os modernos acorazados estadounidenses, polo que capitula e da paso á ocupación de Cuba(verdadeiro motivo ianqui) ata 1902. 
Polo Tratado de París(10-XII-1898) Hepanha perde en favor de Estados Unidos Cuba, Puerto Rico, e Filipinas.
A perdida das colonias, especialmente Cuba, causa unha profunda crise de identidade, cultural e política nos hespanhois con manifestacións coma a Xeneración do 98 e pérdida de personalidade histórica.

Perante a Restauración os caciques perfeccionaron o sistema (caciquismo) que lles daba de comer. A loita electoral casi era unha loita entre caciques, que intercambiaban votos por favores, exencións do servicio militar, construcción de estradas, aprazamenrtos no pago de contribucións, etc., votos que puñan a disposición das grandes figuras do momento: González Besada, Montero Ríos, Bugallal, etc. Normalmente os galegos votaron co poder, co goberno que convocaba as eleccións.
Entre as grandes "familias" caciquís de Galicia destacan:
Saturnino Álvarez Bugallal, que exercía o control sobre 81 concellos pertencentes ós distritos de Ponteareas, Bande, Chantada, Allariz, Xinzo de Limia, A Cañiza, Ribadavia, O Carballino, Celanova.
Eugenio Montero Ríos que exercía o control de: Pontevedra, Santiago, Muros, Cambados, Mondoñedo, e Ortigueira.
Culturalmente, destacan nestas datas en Hespanha:
-Filosofía: Balmes, Giner de los Ríos, Fernando de Castro, Salmerón, Besteiro.
-Dereito: Azcárate, Silvela, Concepción Arenal.
-Antropoloxía: Hoyos Sainz, Ferrandiz, Aranzadi.
-Físicos: Terradas, Blas Cabrera.
-Matemáticas: Torroja, Echegaray, Rey Pastor.
-Botánica: Colmeiro, Odón de Buen, Reyes Prósper.
-Inventores: Isaac Peral, Torres Quevedo, Narciso Monturiol.
-Bioloxía: Ramón y Cajal.
-Historia: Castelar, Amador de los Ríos, conde de Toreno, Codera.
-Xeografía: Madoz, Bonelli, Torres Campos, Beltrán.
-Arquitectura: Madrazo, López Aguado, Pascual Colomer, Gaudí.
-Escultura: Álvarez, Gisbert, Blay, Benlliure, Marinas.
-Pintura: Sorolla, Zuloaga, Picasso, Madrazo, Anglada, Fortuny, Ribera, Jiménez de Aranda, Romero de Torres.
-Literatura: Hartzenbusch, Zorrilla, Espronceda, duque de Rivas, Martínez de la Rosa, Cossio, Larra, Fernán Caballero, Mesonero Romanos, Palacio Valdés, Pardo Bazán, Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Pereda, Pérez Galdós, López de Ayala, Tamayo, Becquer, Núñez de Arce, Campoamor, Azorín, Ganivet, Baroja, Unamuno.
-Música: Barbieri, Chueca, Bretón, Chapí, Albéniz, Granados, Turina, Falla e os instrumentistas Pablo Casals(violoncelista) e o solista Sarasate.

Alfonso XIII, fillo póstumo de Alfonso XII, sube ó trono(1902) con dazaséis anos e confía a Sagasta(liberal), o goberno ata que dimite ós sete meses e o reemplaza Silvela(conservador), que durou poucos días e seguíuno Villaverde(conservador) que durou cinco meses, ata o cinco de decembro que entrou Maura e durou un ano ata o 16-XII-1904, no que se sucederon motíns e atentados, un contra él mesmo. Maura caíu por unha intriga do rei e algúns xenerais. Seguíuno o Xeneral Azcárraga que gobernou 13 meses(do 16-XII-1904 ó 27-I-1905) ó que seguíu Villaverde que durou seis meses. Seguíuno Montero Ríos(liberal) que durou 5 meses.
O 31 de maio de 1906 casa Alfonso XIII ca neta da reina Victoria Ena de Battember, que ten que abxurar do anglicanismo e convértese co nome de Victoria Euxenia, ó regresar da boda prodúcese un atentado matando a 23 persoas e ferindo a unhas cen persoas, salindo os reis ilesos.
O segundo goberno de Maura(25-I-1907 ó 21-X-1909) estivo marcado pola guerra de Melilla(VII a XII de 1904) que foi unha sangría económica e moral para Hespana así como inútil, só ben vista polo "patriotismo" hispano e aquela franxa de terreno consumíu durante moitos anos as enerxías do país e non se pacificou ata 1927 co xeneral Primo de Rivera.

En Galiza xurden movementos antiforales e anticaciquiles coma o de Teis(Martínez Lago e Jacinto Crespo) e Lavadores(R. Abilleira e J. Nogueira) en 1907 que reclaman a redención forzosa dos foros previo establecemento de bancos agrícolas que financien a operación; o que se estendíu polo Ribeiro, Pontevedra, Chantada, Becerreá, Monforte...
En Curtis, Sobrado dos Monxes, Arzúa, etc. búscase un rexeneracionismo conservador de campesiñado societario.
Neste ambiente fórmanse xente coma Antón Losada Diéguez que con Risco e Noguerol funda en 1920 a revista Nós e en 1924 ingresa no Seminario de Estudos Galegos. Integrante das Irmandades da Fala, ten un papel importante na Xeneración Nós.
No vran de 1907, 42 persoas firman o "Manifíeto Solidario" que daría orixe a "Solidaridad Gallega"  onde se aúnan os republicáns dirixidos por J. Rodríguez Martínez, os republicáns federais de Moreno Barcia, e se  ven vellos loitadores polo rexionalismo coma Murguía, Carré Aldao, etc., republicanistas coma Tettamancy e novos valores coma os Naveira, Casares Quiroga, Lugrís Freire, etc., quedando as conclusións das Asembleas de Monforte coma alicerces de vindeiras loitas campesiñas, Solidaridad rompíu cando Portela Valladares e Alfredo Vicenti foron incapaces de mantela baixo o seu liderato. A experiencia de organización de Solidaridad Gallega será reivindicada por Basilio Álvarez, o cura de Beiro, nas Asembleas Agrarias de Rivadavia e nas campañas de axitación de Acción Gallega.
Basilio Álvarez incendia Galiza ca súa retórica anticaciquil nos mitins e na prensa e mesmo Melquíades Álvarez e Lerroux tiveron que contar con él e impactou en intelectuais rexionalistas coma Noriega Varela ou Cabanillas.


Outro suceso importante do goberno de Maura é a "semana tráxica de Barcelona"(26-VII ó 2-VIII de 1909) relacionado ca guerra de Melilla, xa que as tropas que enviaron foron complementadas con soldados na reserva, a maioría pais e único sustento da familia, mentras noutros cuarteles quedaban cheos de soldados en activo. Esto e outras razóns provocaron o descontento que aprobeitaron os anarquistas e a estrema esquerda para fomentar a desobediencia nos soldados. O 26, 27 e 28 de xullo levantáronse barricadas, cortáronse as comunicacións e incendiáronse conventos e igrexas en Barcelona e propagouse ó resto de Cataluña. Declarado o estado de guerra sofocouse a revolta o 31 e aplicáronse numerosas penas(2.000 procesados), mesmo de morte(5) e o considerado cabecilla, Francisco Ferrer, foi executado o 13 de octubre. Francisco Ferrer(pedagogo e dirixente anarquista cofundador da Escola Moderna) foi considerado mártir da liberdade no estranxeiro e mesmo se lle fixo unha estatua en Bruselas. A represión dura e arbitraria desencadeou unha amplia repulsa contra Maura, o que obrigou a Alfonso XIII a cesálo e a nomear ó liberal Segismundo Moret(21-X) que só durou 4 meses.
O 11-XI-1910 é entregado o poder á José Canalejas ata o 12-II-1912. Perante o seu mandato sucedíu a rebelión da mariñeiría do buque de guerra Numancia e a folga ferroviaria de 1911(que resolvíu militarizando ós obreiros).
A guerra de Marrocos ou guerra do Rif(1911-1927) foi un enfrentamento orixinado pola sublevación das tribus do Rif contra a ocupación colonial francesa e hespanhola, aínda que afectou principalmente ás tropas hispanas. O sultanato de Marrocos quedara baixo a dominación francesa polo Tratado de Fez. Francia cédelle a Hespanha o 5%(uns 20.000 km. cuadrados) na que se inclúe a rexión montañosa do Rif. Ou sexa que máis ca un protectorado é un subprotectorado. As batallas foron constantes e os mortos moitos e aínda que o cabecilla insurrecto El Mizzian morríu e debería haber acabado a guerra a verdade é que houbo máis levantamentos que deron na guerra do Rif (1921-1927).
Durante esta guerra tivo lugar o desastre de Annual, grave derrota dos hespanhois contra os rifeños de Abd el-Krim preto de Annual en 1921 e que supuxo a redefinición da política colonial de Hespanha na guerra do Rif e do que Indalecio Prieto dixo:"estamos en el periodo más agudo de la decadencia española. La campaña de África es el fracaso total, absoluto, sin atenuantes, del ejército español."
Cando Hespanha estaba sendo derrotada entra Francia na guerra e prodúcese o famoso desembarco de Alhucemas(8-IX-1925) do exército e a Armada hespanhola e un continxente francés que propiciaría a definitiva victoria aliada e o fin da guerra do Rif. A operación consistíu no desembarco de 13.000 soldados transportados desde Ceuta e Melilla, dirixida polo xeneral Miguel Primo de Rivera e o xeneral Sanjurjo. Entre os xefes estaba o entón coronel Francisco Franco, que pola súa actuación ó fronte da Lexión sería ascendido a xeneral de brigada. Dise que Eisenhower estudou desembarco de Alhucemas para trazar o desembarco de Normandía. 
Debido ós moitos errores cometidos nesta guerra fíxose unha comisión de investigación pero antes de que o informe fora presentado o xeneral Primo de Rivera deu un golpe de estado o 13 de setembro de 1923 comezando unha dictadura.
Pero na etapa de Canalejas(Ferrol, 31-VII-1854) non todo foi desastres, de feito era un bo político rexeneracionista e liberal que conseguíu bastantes logros pero non puido realizar as esperadas reformas políticas que houberan transformado o réximen existente nunha verdadeira democracia acabando co caciquismo e o fraude electoral ó ser asesinado o 12-XI-1912.
Entre moitos problemas e crises de partidos o rei entrega o poder o 27-X-1913 a Eduardo Dato.
En 1914 ten lugar a 1ª Guerra Mundial(1914-1918) na que Dato declara a Hespanha neutral. O país sufre alborotos e paralizacións de industrias e en Marrocos segue a guerra polo que Dato cae en decembro de 1915. Seguíuno Álvaro de Figueroa, conde de Romanones cun país en folgas, manifestacións e motíns. Seguírono García Prieto, liberal(1917-1918 e 1922-1923), Sanchez Toca, conservador(1919), Allendesalazar, conservador(1919-1920 e 1921), Sánchez Guerra, conservador(1922-1923) e o 13 de setembro de 1923 prodúcese o golpe militar que leva a dictadura de Miguel Primo de Rivera(1923-1930).
Exercíu unha represión sobre os partidos políticos, maiormente de esquerdas e para impedir que renaceran de novo creou o partido Unión Patriótica que aglutinaba a maioría de elementos de dereita e uns poucos de esquerda.
Acaba a guerra de Marrocos.
Prodúcense moitos levantamentos militares, estudiantís, políticos contra a dictadura e presenta a dimisión ó rei o 28-I-1930. Durante a dictadura fixéronse obra públicas sobre todo no ministerio do conde de Guadalhorce.
Seguíuno Berenguer, militar(1930-1931), que puxo ministros de dereita polo que o pobo e as esquerdas o consideraban unha prolongación da dictadura e lle chamaron Dictablanda.
Cada vez iba resurxindo máis unha tendencia antimonárquica e mesmo houbo sublevacións. Berenguer dimite o 14-II-1931. Seguíuno Aznar, militar(1931), cun goberno repleto de monárquicos e as rúas cheas de republicáns que se fan co goberno conminando ó rei a abandonar o país co que o reinado de Alfonso XIII acababa e comezaba(14-IV-1931) a II República. Realmente Alfonso XIII non abdicou, dirixíuse a París e despois a Roma (fuxindo co equivalente a 48 nmillóns de € depositados en bancos de Londres e París), onde fixou a súa residencia e abdicaría(1-I-1941) no seu 3º fillo Juan de Borbón(Jaime renunciaría en 1933)

II República(14-IV-1931 á 1-IV-1939)

O crak de Wall Street(Gran Depresión) marcou o final do reinado de Alfonso XIII e a andadura da II República. Nas eleccións do 12-IV-1931 saen ganadores os republicáns nas grandes cidades, aínda que os concellais elexidos na súa maioría eran monárquicos.
A II República ten dous bienios diferenciados:
1º bienio de esquerdas (1931-1933)
2º bienio de dereita (1933-1935)
Formouse un Goberno Provisional(6 meses) con representantes das principais forzas políticas que desde 1930 se enfrentaran a Monarquía:
Pola dereita estaban Alcalá Zamora e Maura(republicano de última hora)
Pola esquerda estaban os históricos Lerroux e Martínez Barrios. Os radical-socialistas Marcelino Domingo e Álvaro Albornoz e os socialistas Prieto, Fernando de Los Ríos, Lago Caballero e Azaña.
Polos rexionalistas estaban Nicolau d'Olwer(Cataluña) e Casares Quiroga(Galiza).
O primeiro presidente provisional foi Niceto Alcalá Zamora, que dimitíu a causa do articulo 26 da Constitución que trataba a cuestión relixiosa e seguíuno Manuel Azaña
Este goberno provisional aprobou a Constitución de 1931.

As accións máis importantes que intentan levar a cabo son:
1.- Diluir os tres bastións da Monarquía: Igrexa, exército e nobreza.
2.- Repartir o poder económico cuio paso máis importante é a Reforma Agraria.
3.- Encauzar as aspiracións rexionalistas.
O primeiro escollo que encontrou o Goberno Provisional foi o  dos rexionalismos. Francesc Masiá declara a República Catalana o mesmo día 14 de abril, pero chegouse a un acordo con Esquerda Republicana polo que se cambiaría o nome de República Catalana polo de Goberno da Generalitat de Cataluña a cambio do compromiso de que se presentaría ás futuras Cortes Constituíntes o Estaut de Autonomía de Catalunya que decidiran os cataláns e que, en efecto, sería aprobado, non federalista como pretendían sinón integral.
No caso do País vasconavarro o Estatuto de Estella, basado nos fueros vascos, situábase ó marxe da Constitución pola declarada confesionalidade e polo seu concepto federalista.
En canto a Galiza a primeira iniciativa tomouse en 1932, aínda que os concellos galegos xa aprobaran un proxecto de estatuto, inspirado no catalán, pero coma no caso vasconavarro, o triunfo da dereita nas eleccións de 1933 paralizou o proceso.
En canto á custión relixiosa declárase a liberdade de cultos, polo que encontra a oposición de moitos bispos integristas que desde o púlpito alentaban ós fieis contra a República e a favor da Monarquía o que detonou(xunto co bulo corrido de que na inauguración do Círculo Monárquico Independente mataran a un taxista republicano) a queima de igrexas e conventos.
Na cuestión militar non se conseguíu totalmente facer un exército máis moderno e subordinado ó poder civil intentando separar ós militares dos altos cargos da Administración devolvendo ós militares ós cuarteis.
No tocante a Reforma Agraria para aliviar a situación dos xornaleiros, sobre todo no sur de Hespanha, o ministro de traballo Largo Caballero aprova os sete Decretos agrarios do Goberno Provisional, que lle daba ós sindicatos maior control no mercado de traballo, e se nombraban os Xurados Mixtos integrados por 6 patronos, 6 obreros e 1 secretario polo que se conseguíu unha subida nos paupérrimos salarios, a pesar da oposición de propietarios e axuntamentos.
Nas eleccións a Cortes Constituíntes do 28-VI-1931 resulta unha maioría de esquerdas no Parlamento:







Eleccións xerais 28-VI-1931
PartidoEscaños% Esc.Dif.
Partido Socialista (PSOE)11524,5-
Partido Republicano Radical (PRR)9420,2-
Partido Republicano Radical Socialista (PRRS)5912,5-
Esquerra Republicana de Catalunya (ERC)316,5-
Acción Republicana285,9-
Agrarios (predecesores del Partido Agrario)265,5-
Progresistas224,6-
Federalistas173,6-
Federación Republicana Galega163,4-
Vasco-navarros153,2-
Agrupación al Servicio de la República132,8-
Lliga Regionalista40,8-
Unió Socialista de Catalunya40,8-
Partit Català Republicà20,4-
Partido Liberal Demócrata20,4-
Republicanos galleguistas10,2-
Monárquicos liberales10,2-
Independientes204,2-
TOTAL470100,00-

O Primeiro goberno formouse o 15-XII-1931,despois de  aprobarse a Constitución de 1931, tras a elección de Alcalá Zamora como Presidente da República, que confirmou a Azaña como Presidente do Goberno.
Pero as reformas levadas a cabo encontraron grande oposición dos grupos sociais ós que intentaban desmontar das posicións adquiridas de antigo: terratenentes, financieiros, a Igrexa, grandes empresarios, monárquicos, militares, etc. e mesmo da CNT,UGT e FAI que consideraban á República burguesa e sin demasiadas diferencias dos sistemas anteriores: Monarquía e Dictadura.
A maior oposición encontrouna Azaña na Igrexa por mor da Ley de Confesións e Congregacións Relixiosas que comezou a principios de 1933 e que algúns bispos consideraban"un duro ultraje a los derechos divinos de la Iglesia", chamando ás movilizacións ós católicos e mesmo o Papa Pío XI saca unha encíclica(Dilectisima Nobis)  na que condenaba o espíritu anticristiano e chamaba á movilización contra á República.
No tocante a Lei de Reforma Agraria, despois de dous anteproxectos e un terceiro elaborado polo ministerio do radical-socialista Marcelino Domingo que se foi alargando nas discusións en Cortes, e máis se houbera alargado se non fora polo intento de golpe de estado do xeneral Sanjurjo(10-VIII-1932) que impulsou a aprovación  da Lei.
A Lei establecía a expropiación con indemnización das grandes fincas que non foran cultivadas para repartirlas entre familias de campesiños ou colectividades de agricultores.
Os problemas foron numerosos e graves e os efectos moi limitados.
Despois do fracaso do golpe de estado de Sanjurjo os monárquicos comezaron a financiar ós pequenos grupos fascistas facendo presión para que se uniran nun único grupo.
O grupo fascista liderado por José Antonio Primo de Rivera, fillo do dictador, Movemento Hespanhol Sindicalista(MES) uníuselle o Frente Hespanhol co apoio económico e ideolóxico dos monárquicos alfonsinos Renovación Hespanhola e "refundaron" a Falanxe Hespanhola que en 1934 se fusiona con jonsistas formando a Falanxe Hespanhola das JONS.
Os grupos de dereita fusiónanse nunha confederación de partidos co nome de Confederación Hespanhola de Dereitas Autónomas(CEDA) baixo a dirección, ideoloxía e recursos organizativos da Igrexa e liderada por José María Gil Robles.
O goberno de Azaña sufríu a insurrección anarquista de xaneiro de 1933, a mala economía, o paro, a ofensiva das organizacións patronais contra os Xurados Mixtos, os católicos da CEDA e o Partido Republicano Radical obrigando a dimitir o 2-VI-33. Pero Alcalá Zamora non encontrou un candidato cunha maioría de diputados suficiente para gobernar e volvíu a acudir e formar o terceiro goberno de Azaña.
Nembargantes o 3-IX-1933 as eleccións dos 15 membros do Tribunal de Garantías Constitucionais que lles correspondía elexir ós concellos danlle 6 postos á CEDA, 5 á Republicano-socialistas e 4 á Partido Republicano Radical, polo que Azaña recurre ó voto de confianza das Cortes que obtuvo, pero o 7-IX-33 Alcalá Zamora retiróullelo seu, e tivo que dimitir.
Alcalá Zamora encargoulle formar goberno a Lerroux que só durou tres semáns a causa de que os partidos de esquerda non o apoiaron. Alcalá encárgalle a Martínez Barrio o novo goberno cuia misión era organizar as eleccións do 19-XI-33 a 1ª volta e o 3-XII a segunda. Foi a 1ª vez que votaron as mulleres en Hespanha, e unha das primeiras de Europa. Ganou a CEDA de Gil Robles dando paso ó segundo bienio de dereitas.
Resultado das eleccións ás Cortes Constituíntes, celebradas o28-VI-1931. A ORGA, en azul moi escuro, sacou 14 escanos.

En Galiza a actividade dos partidos políticos medra. O PSOE consegue a elección de dous dos seu líderes, Manuel Suárez como alcalde de Ourense e X. Quintanilla de Ferrol; os comunistas conseguen en 1936 a acta de deputado para Adriano Romero.
Mesmo se proclama a Primeira República Galega que foi unha pasaxe efémera, que só durou unhas horas do 27 de Xuño de 1931, víspera das eleccións ás Cortes Constituíntes da II República Española, na que activistas como Pedro Campos ou Alonso Ríos Tiveron un papel importante. Alonso Ríos é nomeado Presidente da Xunta Revolucionaria da República Galega.

Os radicais convértense en 1933 na 1ª forza política con 15 actas, pero as disensións provocadas pola colaboración coa CEDA, fai que cheguen ás eleccións de 1936 totalmente desconxuntados.
Ten a ORGA(Organización Republicana Gallega Autónoma) un papel importante nestas datas. Fundouse en 1929 coa participación de Irmandades da Fala locais da Coruña e o Casino Republicano de Santiago Casares Quiroga co que formaría pàrte do 1º Goberno da República e converteuse na 1ª forza política de Galicia nas eleccións a Cortes Constituíntes con 14 escanos, inda que se presentou como Federación Republicana Gallega(FRG) formando no Congreso o grupo da Minoría Gallega na que se integraron Castelao e R. Otero Pedrayo. 
Decir que a conxunción republicano-socialista se fixo co 55% dos deputados aínda que 2 elixidos dentro da FRG, Villar Ponte e Suárez Picallo, actuaron coma nacionalistas e acabarían independizándose da formación de Casares Quiroga.
O proclamarse a República foi a ORGA quen tomou a iniciativa do Estatuto de Galiza, convocando o 4-VI-1931 á Asemblea pro-Estatuto da que saíu o 1º proxecto que resultou frustrado. Sería Osorio-Tafall, menmbro da ORGA, quen en 1932 presidiría a Asemblea de Municipios, celebrada en Santiago, para discutir e redactar o proxecto de Estatuto de Autonomía, que non se plebiscitría ata 1936 por mor da entrada da dereita no Goberno. Así e todo o principal valedor do proxecto sería o Partido Galeguista, dado que os galeguistas da ORGA tiñan cada vez menos peso debido os atrancos de Casares Quiroga como ministro de Gobernación que fixeron que se foran integrando no Partido Galeguista, o último sería A. Vilar Ponte a comezos de 1934.
O Partido Galeguista foi fundado en decembro de 1931. O seu órgano de prensa foi A Nosa Terra.
O 5 e 6-XII-1931 o Partido Galeguista de Pontevedra convoca a Asemblea Nacionalista ca intención de crear un Partido Galeguista de ámbito rexional e acuden 32 grupos e irmandades.
Estivo formado por diversas tendencias e foron homes de peso:
-Conservadores de dereita que non querían unirse ca esquerda: Otero Pedrayo, Risco, Villar Ponte, Filgueira, etc.
-De esquerdas: Castelao, Bóveda, Suárez Picallo, etc.
-Independentistas coma a Sociedade Nacionalista Pondal de Bos Aires.
-Independentes coma Cuevillas, Cunqueiro, etc.
As tensións durante o bienio de dereitas, polo medo da dereita de que se pactara ca esquerda hespanhola, fixo que o sector conservador saíse da formación.
Despois da Revolución de 1934 o Gobeerno suspende A Nosa Terra e desterra a Castelao e Bóveda.
Na III Asemblea do PG celebrada en Ourense o 13 e 14-I-1934, apróbase, ca oposición de Risco, a alianza cos republicanos e socialistas, ratificada na IV Asemblea o 20 e 21-IV-1935, ca oposición de Otero Pedrayo, e escíndese o sector conservador liderado por Risco e forman Dereita Galeguista.
Na Asemblea Extraordinaria do 25-I-1936 apróbase o ingreso do PG en Frente Popular, para as eleccións xerais de 1936, con 5 candidatos do PG: Castelao, Suárez Picallo, Villar Ponte, Bóveda e Xerardo Álvarez Gallego, saíndo elexidos os 3 primeiros. O Frente Popular cumpre cos seus compromisos e o estatatuto é aprobado o 28-VI-1936.
Despois da sublevación militar do 36 comeza a represión franquista e homes coma Bóveda, A. Casal, Díaz Baliño, Lustres Rivas, X. Carballeira, etc. son fusilados e outros coma Castelao teñen que exiliarse.
O PG en Galiza foise diluindo e tendo un papel máis ben cultural que culmina ca disolución fundando a Editorial Galaxia o 25-VII-1950.
No exterior fúndase en 1932 a Organización Nacionalista Republicana Gallega, filial do PG en Bos Aires, dirixida por Rodolfo Prada e cambia o seu nome en 1936, ca guerra civil,  por Grupo Galeguista de Bos Aires e en 1941 volve a cambiar por Irmandade Galega. En 1942 ca chegada de Castelao e outros moitos exiliados a Bos Aires reaparece A Nosa Terra. En 1944 constitúese o Consello de Galiza co pulo de Castelao e Irmandade Galega.
En Urugüai Manuel Meilán dirixe a sección do PG: Irmandade Galeguista do Urugüai


As eleccións do 3-XII-1933 déronlle maioría á dereita con 217 escaños( 115 á CEDA) e ós centristas 163(102 ó Partido Republicano Radical). A esquerda obtivo 93 actas, con maioría socialista(59).
Ca entrada da CEDA no goberno en 1934 desencadeou a Revolución de Octubre, unha insurrección socialista que só triunfou en Asturias(único lugar onde participou a CNT) perante dúas semanas.
A diferencia da estabilidade do primeiro bienio de esquerdas o segundo bienio de dereitas presidido polo Partido Republicano Radical de Lerroux tivo uns gobernos moi cortos(promedio de tres meses de vida) e formáronse 8 gobernos en dous anos, caendo tres presidentes (Lerroux, Samper e Chapaprieta). E aínda durarían menos os dous últimos gobernos do bienio presididos polo galego liberal-centrista Portela Valladares.
O Presidente da República encárgalle a Lerroux formar un goberno totalmente republicano. 
Pero necesitaba o apoio da CEDA(que non quixo facer a declaración pública de adhesión á República) e o seu líder Gil Robles púxo en práctica a táctica de tres fases, anunciada dous anos antes:
1ª fase: prestar apoio a un goberno presidido por Lerroux.
2ª fase: esixir a entrada no goberno.
3ª fase: presidir o goberno.
O apoio da CEDA ó goberno de Lerroux foi tomado polo monárquicos alfonsinos e carlistas coma unha traición e contactaron co fascismo italiano de Mussolini á busca de apoio logístico, de armas e de diñeiro para derrocar a República e restaurar a Monarquía.
Pola súa parte a esquerda consideraba unha traición o pacto radical-cedista e intentaron que se convocaran novas eleccións antes de que se constituíran as Cortes recentemente elexidas. Mesmo o PSOE e UXT acordaron desencadear unha revolución si a CEDA entraba no goberno.
O novo goberno de Lerroux tomou varios acordos:
1.- A cuestión relixiosa. Melloras e privilexios. Aprazar o peche de colexios relixiosos. Pero os gobernos radicales fracasaron no tema da relixión xa que o Vaticano exixíu a revisión da Constitución de 1931.
2.- As reformas socio-laborais de Largo Caballero(que lle otorgara melloras ós obreros) foron modificadas baixo a presión patronal aínda que non cás melloras que esixían os empresarios dada a aínda capacidade dos sindicatos(UXT e CNT) para a movilización obreira cunha oleada de folgas en 1934.
3.- A Reforma Agraria foise aplicando cun maior asentamento de campesiños e expropiación de propiedades, aínda que a Lei de Amnistía que aprovaron en abril de 1934 devolvíulle ós "grandes de Hespanha" unha parte das terras que confiscara o goberno de Azaña. En 1934 non se prorrogou o Decreto de Intensificación de Cultivos polo que unhas 28.000 familias foron desaloxadas dos campos que non cultivaron. A reforma dos Xurados Mixtos agrarios, que se inclinou a favor dos patróns, permitíulle os propietarios liberdade de contratación e represalias contra os xornaleiros, polo que os salarios agrícolas que aumentaran no 1º bienio volveron a baixar. Mesmo os propietarios, cando os xornaleiros lles pedían traballo, lles decían: "comede república".
Polo que se producíu a folga agraria máis grande da historia, pero sin unidade de FNTT e UXT e co apoio ós patróns do Goberno as represións foron duras: instrucións de impedir organizacións campesiñas, 10.000 detencións, 200 axuntamentos de esquerdas destituídos e sustituídos por xestores de dereita, trece mortos, e o sindicalismo agrario desmantelado.
3.- A CEDA decía que o Estado integral definido pola Constitución de 1931 desintegraba a "patria" polo que o Partido Republicano Radical neutralizou os estatutos provocando grandes tensións, sobre todo no País Vasco.

A Revolución de Outubro de 1934
A CEDA procedíu ó seu segundo paso e retiroulle o apoio ó goberno de Samper esixindo a entrada no mesmo. O presidente da República Alcalá Zamora propuxo a Lerroux de novo como presidente do goberno e a inclusión de tres ministros da CEDA, polo que os socialistas cumpliron a amenaza de "revolución social" e convocaron a folga xeral do 5-X-1934 que foi seguida en tódalas cidades hespanholas. Morreron 40 persoas, a maioría huelguistas abatidos polos gardas.
En Asturias sí se producíu un conato de revolución: Outubro Roxo, onde a CNT e Alianza Obreira(coalición PSOE-UXT) facéndose co control dalgunhas concas mineiras e apoderándose de Xixón, Avilés e entrando en Ovieu(sen conseguir ocupala) onde se produciron violentos combates. Desatouse unha ola de violencia en Asturias contra os propietarios, relixiosos e persoas de dereitas na que foron asesinados 34 persoas, se queimaron 58 igrexas e mesmo foi dinamitada a Cámara Santa da Catedral de Ovieu. Para reprimir esta ola o goberno trouxo ós regulares de África do coronel Yagüe e dende Galiza unha columna do xeneral López Ochoa, todo esto dirixido polo xeneral Franco. O 18 de outubro os revolucionarios rendíanse cas baixas de 1.100 mortos e 2.000 feridos nas súas filas e uns 300 mortos nas forzas de seguridade e exército, collendo o exército unha forza enorme nas filas de dereita dándolle Calvo Sotelo o título de "columna vertebral de la Patria".
Fixéronse en Hespanha uns 30.000 prisioneiros. Houbo torturas de prisioneiros a causa das cales morreron varios. Foron moitos dirixentes de esquerdas os detidos, entre eles Francisco Largo Caballero e o expresidente Manuel Azaña.

Os gobernos radical-cedistas(X-1934 á XII-1935)
A CEDA estaba preparando a 3ª fase e decatouse de que só tiña que provocar pequenas e contínuas crises para conquerir o seu obxetivo de presidir o goberno. A crise máis grave que provocou foi a de abril de 1935 cando os seus tres ministros se negaron a aprobar a conmutación da pena de morte dos tres dirixentes socialistas do Outubro Roxo asturiano e Lerroux ante a falta de apoios suficientes tivo que ceder á pretensión da CEDA de conquerir cinco ministros, un deles Gil Robles que sería Ministro de Guerra. Polo que os radicales de Lerroux, que rompera tódalas conexións con socialistas e demáis esquerda, xa non tiñan a maioría que pasaría á dereita non republicana: CEDA e Partido Agrario. Co cal comezou a desmantelación dos dereitos do 1º bienio e as revanchas de patróns e terratenentes, sendo despoxados miles de campesiños, despedidos  miles de obreiros, conxelación e mesmo reducción de salarios, aumento da xornada laboral, reforzouse o papel dos militares(de dudosa lealdade á República) ocupando os seus xenerais os postos máis relevantes de Defensa. Intentouse revisar a Constitución, pero as disensións entre os mesmos partidos de dereita eternizaron os debates e crearon unha crise de goberno que obrigou a sustitución do presidente Lerroux por Chapaprieta, que mantivo a alianza radical-cedista Lerroux-Gil Robles. Este goberno víuse afectado polo escándalo do estraperlo e o asunto Nombela que provocaron a saída de Lerroux do goberno e a caída do Partido Republicano Liberal.
Gil Robles entregouse ó proxecto da 3ª fase de dirixir o goberno e retiroulle o apoio a Chapaprieta esixindo a presidencia do Goberno, pero Alcalá Zamora, presidente da República non lle quixo dar o goberno a un antirrepublicano e nomeou a un home de confianza: Manuel Portela Valladares o 15-XII-1935, que formou un goberno de dereita excluíndo á CEDA, pero non contando co necesario respaldo en Cortes, Alcalá Zamora disolve o Parlamento o 7-I-1936 e convoca elecións para o 16-II(1ª volta) e 1-III(2ª volta).

Fronte Popular(1936-1939)

O líder dos republicanos de esquerda, Manuel Azaña(Esquerda Republicana), tenta conxuntar ós partidos de esquerda e ofrécelles pactos á Unión Republicana(D. Martínez Barrio), ó Partido Nacional Republicano(F. Sánchez Román) e ó PSOE(Indalecio Prieto e F. Largo Caballero), Largo Caballero, que non era partidario da conxunción, pra consolidar a franxa obrera condiciona a que entre o Partido Comunista de Hespanha(PCE), o cal provocou a saída dos de Sánchez Román. Aínda que o PCE era inimigo dos socialistas aceptou, por mor do VII Congreso da III Internacional na que Stalin proclamaba facer frontes antifascistas. Todos xuntos participaban nas eleccións co nome de Fronte Popular que levaba no seu programa, entre outras promesas, as de amnistía dos delitos político-sociales e excarceración dos detidos pola Revolución de Outubro.
Pola contra a CEDA de Gil Robles, no seu intento de conseguir a presidencia, xuntouse nunhas circunscipcións con forzas antirepublicanas(monárquicos alfonsinos e carlistas) e noutras ca dereita republicana pero non levaron un programa común. Gil Robles pretendía formar unha fronte antiesquerda, antirrepublicana, e prantexou a campaña coma unha loita da Hespanha católica contra a "revolución espantosa, bárbara, atroz".
Por outra parte tamén concurría o "centro" de Portela Valladares.
As elección tiveron unha participación moi alta(72,9%) e o resultado foi moi axustado, cunha pequena vantaxe da esquerda(47,1%) sobre a dereita(45,6%) e o "centro" só levou o 5,3%, pero o sistema electoral favorecía ós gañadores polo que o Fronte Popular obtivo 263 diputados(37 de Esquerra de Catalunya), CEDA 156 diputados(1 do fascista Partido Nacionalista Hespanhol), os partidos de "centro" sumaban 54 diputados. Falanxe Hespanhola só conseguíu 46.466 votos.

O Goberno da Fronte Popular(de febreiro a xullo de 1936)
-Azaña é nomeado Presidente do Goberno e Alcalá Zamora é destituído da presidencia da República o 7-IV-1936.
-As loitas entre esquerda-dereita salpícanse de altercados, nun dos cales morre A. Sáenz de Heredia(16-IV), curmán de J.A. Primo de Rivera.
-O 10-IV_1936 dimite Azaña(nunha crise de goberno) e é nomeado Presidente da República.
-É nomeado Presidente do Goberno o galego Santiago Casares Quiroga(fundador da Organización Republicana Galega Autónoma, ORGA).-Concédese amplia amnistía ós implicados na Revolución de Outubro de 1934.
-O 12-V-1936 solicitan dende a alcaldía de Candelaria(Tenerife) o relevo do Comandante Militar Franco.
-O 17-VI_1936 o goberno da Fronte Popular declara estar desbordado ante os desordes producidos polos sectores radicales de esquerda e de dereita: 269 mortos, 160 igrexas destruídas, etc. dende febreiro ata xuño.

O 12-VII-1936 é asesinado o militar prosocialista J. del Castillo Sáez de Tejada e ó seguinte día os compañeiros seus asesinan ó daquela lider da oposición José Calvo Sotelo, feitos que detonaron-provocaron o Golpe de Estado do 17-VII-1936.
Casares Quiroga coma Presidente organizóu o referendum sobre o Estatuto de Autonomía de Galiza que sería aprobado o 28-VI-1936.
Achácaselle que perante a sublevación militar non lle dou a importancia debida e non entregou as armas ás organizacións obreiras, aínda que nas memorias da súa filla María Casares dí que non foi así.
Dimitíu ca sublevación militar e sustituíno Martínez Barrio, que non chegou a tomar posesión, pois o 20-VII, presenta a dimisión ó entender que non podía evitar a guerra, dado que despois de telefonear ós xefes militares algúns depuxeron a actitude golpista pero outros coma o xeneral Mola non, e foi sustituído por José Giral.

A Guerra Civil(1936-1939)
1936:
-17-VII comeza a sublevación en Melilla.
-20-VII Goberno Giral.
-4-IX Goberno de Largo Caballero.
-6-XI O Goberno traládase a Valencia.

1937:
-3 ó 8-V Guerra civil Barcelona, CNT e POUM contra á República
-17-V Goberno Negrín.
-31-X O Goberno trasládase a Barcelona.

1938:
-5-IV Reorganízase o Goberno Negrín.
-9-IX Conversacións co representante de Franco sen resultados.

1939:
-Ante o avance franquista o Goberno retírase a Figueras.
-6-II Azaña, Barrio, Negrín e outros cruzan a fronteira francesa.
-27-II Francia e Inglaterra recoñecen o Goberno de Burgos de Franco, Azaña dimite e sucédeo Martínez Barrio en París ó non poder viaxar á territorio hespanhol debido ó golpe de estado contra a República polo ata entón fiel Coronel Casado. Negrín ascende a varios militares(2-III) e continúa a guerra.
-5-III Fórmase o Consello de Defensa Nacional composto por elementos non comunistas coma Casado, Miaja, Besteiro, etc.
Xulián Besteiro é de orixe galega, socialista moderado que perante o cerco de Madrid, cando o Goberno se traslada a Valencia, négase a abandonar a cidade. Foi destituído da cátedra polo franquismo e condenado a cadea perpetua, morrendo enfermo pero con grande dignidade.
1-IV Ríndense as últimas tropas republicanas, e comezan 40 anos de dictadura, asesinatos, fame e retraso. Entre os abusos fascistas da dictadura franquista é coñecido pola literatura e o cine o fusilamento o 5 de agosto de 1939 das "Trece Rosas Rojas"
As Trece Rosas é o nome dun grupo de trece mozas (entre 18 e 29 anos), a metade das Xuventudes Socialistas Unificadas (JSU), fusiladas polo réxime franquista en Madrid

Aínda que a Guerra Civil acabou ca República en territorio hespanhol, ata 1977 estiveron vixentes no exilio os gobernos republicanos e mesmo en México e Iugoeslavia os tiveron coma lexítimos.
En Galiza na Guerral Civil tiveron un importante papel os falanxistas facéndose co control do poder civil e ocupouse da represión facendo imposible calquera intento de resistencia ó golpe e nunha semana o exército fíxose co control prácticamente total, e aínda que non se poido facer unha defensa oficial e ordenada, dada a brutalidade da represión, houbo movementos guerrilleiros en contra:
-Co triunfo dos sublevados os homes de esquerda, republicáns e nacionalistas bótanse ó monte e son apoiados para sobrevivir por paisanos e familiares.
-A victoria dos nacionales obriga ós fuxitivos a cambiar de estratexia fomentando unha fronte interior aparecendo grupos organizados entorno á homes coma Maletas, Girón, Gafas, etc.
-A victoria dos aliados na 2ª Guerra Mundial(1944-1948) sobre o fascismo non trouxo consigo a caída da Dictadura e fáise necesario a loita armada. O comunista Manuel Castro Rodríguez(PCE), representante da Xunta Suprema da Unión Nacional en Galiza convértese, a partir de 1944, no principal conxugador das guerrillas, surxindo líderes coma Foucellas, Curuxás, Piloto, Gaioso, etc. ata que a partir de 1950 van desaparecendo sendo os últimos en caer Foucellas(1952), Pancho(1954) e Piloto(1965).
A tendencia ideolóxica en Galiza vai pasando do federalismo ó nacionalismo:
+1840-1868. Provincialismo co Rexurdimento conformado por persoeiros coma Antolín Faraldo Asorey, os mártires de Carral(1846), Benito Viceto, J. Fernández de Neira, J.M. Pintos, Francisco Añón, e os seus herdeiros Murguía, Pondal, Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Lamas Carvajal, Marcial Valladares, A. López Ferreiro, etc.
+1868-1885. Federalismo. Con Lamas Carvajal, Vicenti, Murguía.
+1885-1918. Rexionalismo. Con correntes coma a de Murguía(Liberal), Alfredo Brañas(Tradicionalista), Aureliano Pereira(Federalista). En 1906 fúndase a Real Academia Galega.
+1918-en adiante. Nacionalismo. Con 4 etapas:
     1.- As Irmandades da Fala(1916-1923): A. Ribalta, A. Villar Ponte, Lugrís, Carré Aldao, Tettamancy, Gil Casares, L. Porteiro, Losada Diéguez, Risco, Peña Novo, Xaime Quintanilla, Castelao, Bóveda, Paz Andrade, Carballo Calero, Fernández del Riego, Suárez Picallo, Lesta Meis, Cuevillas, Amado Carballo, Manuel Antonio, etc.
     2.- A República(1931-1939): Paz Andrade, Pedrayo, Castelao, Basilio Álvarez, Quintanilla, Bóveda, etc.
     3.- A clandestinidade(1939-1975): Castelao, Paz Andrade, Alonso Ríos, Picallo, Seoane, Blanco-Amor, Dieste, etc.
     4.- A Democracia(1975-ata hoxe)





Continuará...


Bibliografía:
Historia de Galicia Tomo I/José Mª Bello Diéguez ; Antonio de la Peña Santos
Historia de Galicia Tomo II/Francisco Javier González García ; Rosa Brañas Abad
Historia de Galicia Tomo III/José Miguel Andrade Cernadas ; Francisco J.  Pérez Rodríguez
Historia de Galicia Tomo IV/Mª Carmen Saavedra Vázquez.
Historia de Galicia Tomo V/Jesús de Juana López ; Xulio Prada Rodríguez
Historia de Galicia/Mª José Vázquez González ; Juan A. Granados Loureda
A mentalidade xusticieira do irmandiños/Barros, C.
A revolución irmandiña/López Carreira, A.
Isabel y Fernando. Los Reyes Católicos/Pérez, J.
Los conflictos sociales en el reino de Castilla en los siglos XIV y XV/Valdeón Baruque, J.
Cossue en Celtiberia.net: http://www.celtiberia.net/articulo.asp?id=3096#ixzz1vy0u7fda 
Cossue en Celtiberia. net: http://www.celtiberia.net/articulo.asp?id=3098
Galicia-Historia Tomo I/Acuña Castroviejo, F. ; Vázquez Varela, J.M.
Historia de Galicia/Beramendi González, Xusto
Historia Contemporánea de Galicia/Barreiro Fernández, X.R.
El desarrollo del nacionalismo/Beramendi, J.G.
O rexionalismo galego. Organización e ideoloxía/Máiz, R.
Historia de España/Editorial Sopena